27/04/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!

Daniel Montes, 2* bacharelato
La tregua, Mario Benedetti

Esta obra relata el corto periodo de felicidad que vivió Martín Santomé junto a Laura Avellaneda. Estos dos personajes viven en secreto una apasionada historia de amor en un piso alquilado por Martín, un hombre a punto de jubilarse, con una vida sin sobresaltos, pero que tendrá la necesidad de casarse con Laura. Cuando decide pedirle matrimonio, ocurrirá un trágico suceso que impedirá la felicidad de Martín, el cual proseguirá con su verdadera vida, una nefasta existencia cargada de monotonía y soledad.
Recomiendo este libro porque cuenta de forma realista una historia de amor.


26/04/12

WILLIAM SHAKESPEARE

Un 26 de abril, naceu o dramaturgo, actor e poeta inglés, William Shakespeareun dos máis grandes autores da literatura universal e clave no desenvolvemento das letras inglesas. O Día do Libro, 23 de abril, celébrase coincindo coa data da súa morte. As súas obras de teatro son consideradas auténticos clásicos atemporais e a súa influencia ao longo da historia da literatura é indiscutible.
Das obras de Shakespeare, habería que destacar case todos os seus títulos: Romeo e Xulieta, O rei Lear, Hamlet, Macbeth ou Xulio César, entre as traxedias, e O soño dunha noite de verán, O mercader de Venecia, A tempestade ou A fera domada, entre as comedias. Tamén habería que dedicar especial atención ás súas recreacións históricas, como Enrique VIII ou Ricardo III.
No campo da poesía, Shakespeare celebra o amor cos seus versos, destacando especialmente a súa serie de Sonetos. 



25/04/12

GÚSTANOS LER

Para continuar coa nosa celebración da semana do libro, un alumno de 2º de bacharelato, Guillermo, envíanos este vídeo tan sinxelo sobre a lectura e as emocións que desperta en nós.


Que vos parece? 

JOSÉ ÁNGEL VALENTE


O poeta José Ángel Valente naceu en Ourense o 25 de abril de 1929 e morreu en Ginebra no ano 2000.
A súa traxectoria profesional como poeta comeza cando aínda é un estudante, formando parte do "Grupo poético dos 50", dentro do cal representa a poesía como unha vía do coñecemento. Na década dos 60 a súa poesía evoluciona seguindo unha corrente chamada "poesía do silencio", separándose así do momento poético de metade do século. Destacan obras como A modo de esperanza, Poemas de Lázaro, Siete presentaciones.
A obra poética que escribe en galego é primeiro reunida en Sete cántigas de alén e posteriormente en Cántigas de alén
Realiza tamén traballos como tradutor de poesía alemana e francesa, ademais escribe ensaios relacionados coa pintura, a mística e a literatura española.


 Homenaje a Rosalía de Castro
Se fue en el viento,

volvió en el aire.

Le abrí en mi casa

la puerta grande.

Se fue en el viento.

Quedé anhelante.

Se fue en el viento,

volvió en el aire.

Me llevó adonde

no había nadie.

Se fue en el viento,

quedó en mi sangre.

Volvió en el aire.
                            "La Poesía", J. A. Valente

24/04/12

SEMANA DO LIBRO NA ESPERELA

Aquí vos quedan algunhas das actividades que dende A Esperela estamos a desenvolver para conmemorar a semana do libro. A ver que vos parecen...