10/11/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

  Presume de ler e déixate ver

 
Isaac Ulloa López, 1º Bacharelato

Jim Starlin, Dreadstar: La odisea de la metamorfosis

Encantoume esta novela gráfica desde a primeira vez que a lin, un cómic que marcou unha época e un antes e un despois no cómic americano e de ciencia-fición.

Na miña opinión, Jim Starlin fai aquí ou seu mellor traballo, mesmo mellor que a serie posterior do mesmo personaxe, o autor pon un guión perfecto e un debuxo sublime e espectacular, xunto cuns personaxes moi ben caracterizados.

Para min unha obra indispensable para todo afeccionado ao cómic de ciencia-fición, xa que xunta todos os aspectos deste xénero.
Se queredes adentrarvos nun novo universo e nunha epopea cósmica que te atrapará ata  o final, non debes perder esta obra mestra do americano Jim Starlin que non decepciona a ninguén.







ÉDELINGUA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS

Hoxe comezou a rodaxe da nova curtametraxe de Édelingua Producións Audiovisuais do EDLG do IES O Mosteirón, Na oficina de obxectos perdidos, baseada nun texto de Séchu Sende e realizada por Javier González (Genetic Films).
Aquí tedes unha produción máis antiga de Genetic Films...


Se queredes máis información sobre Édelingua Producions Audiovisuais, mirade aquí.

09/11/11

VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

«... Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual o psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a privación arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada»  (Asamblea Xeral da ONU. Resolución 48/104, 20 de decembro de 1993).


                                                           

                       

08/11/11

LETRAS GALEGAS 2012



A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un certame, que consiste na elaboración de carteis sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012.

Se queredes saber máis, premede aquí.

COMO CHOVE!


APLASTAMIENTO DE LAS GOTAS

Yo no sé, mira, es terrible cómo llueve. Llueve todo el tiempo, afuera tupido y gris, aquí contra el balcón con goterones cuajados y duros, que hacen plaf y se aplastan como bofetadas uno detrás de otro qué hastío. Ahora aparece una gotita en lo alto del marco de la ventana, se queda temblequeando contra el cielo que la triza en mil brillos apagados, va creciendo y se tambalea, ya va a caer y no se cae, todavía no se cae.

Está prendida con todas las uñas, no quiere caerse y se la ve que se agarra con los dientes mientras le crece la barriga, ya es una gotaza que cuelga majestuosa y de pronto zup ahí va, plaf, deshecha, nada, una viscosidad en el mármol.

Pero las hay que se suicidan y se entregan en seguida, brotan en el marco y ahí mismo se tiran, me parece ver la vibración del salto, sus piernitas desprendiéndose y el grito que las emborracha en esa nada del caer y aniquilarse.

Tristes gotas, redondas inocentes gotas. Adiós gotas. Adiós.


07/11/11

ALBERT CAMUS


Tal día coma hoxe en 1913 nacía Albert Camus, escritor e filósofo francés. Na súa variada obra desenvolveu un humanismo baseado na conciencia do absurdo da condición humana.  En 1957, á idade de 44 años, concédeselle o Premio Nobel de Literatura por «o conxunto dunha obra que pon de manifesto os problemas que se presentan na conciencia dos homes de hoxe».
Algunhas das súas obras máis coñecidas son O estranxeiro, A peste ou Calígula.

IMAXE DO DÍA

                 

Coñecedes o cine de Hayao Miyazaki?