02/04/16

POESÍA ERES TÚ


Hoxe fixemos no instituto unha pequena homenaxe á poesía cunha acción poética en dous actos. 
Na primeira parte creamos, limos e xogamos coa poesía na Esperela. Na segunda, construímos os nosos poemas-obxecto, uns avións de papel cheos de versos, que enviamos lonxe, dende as fiestras do instituto, para facer que a poesía voe e traspase as fronteiras.


GRAZAS, COMA SEMPRE, AO ALUMNADO COLABORADOR!!!

POESÍA on PhotoPeach

27/03/16

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

A nosa particular homenaxe ao teatro no seu día ven da man do alumnado de terceiro de ESO, nunha escolma de fragmentos de La zapatera prodigiosa, de Federico García Lorca. Mirade, mirade que arte teñen...