22/02/11

AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS


Unha vez reunido o xurado do III Certamen, decide emitir o seguinte fallo:

1º Premio, Bacharelato: Miriam Gudiña Esmoris


Veño

Hoxe veño a contarche,amor, que se amarte é un pecado prefiro pecar ata arder no inferno que morrer sen respirar ao teu lado. Veño a pedirche, que leas nos meus ollos o que a miña alma che explica. Veño a cantarte, en silencio, o que nunca oíches e a que nos meus labios observes a máis pura dozura. Veño a ulir o teu aroma, a impregname de ti. Veño a que coñezas o brillo dos meus ollos, a que comprendas porque morren as miñas mans. Veño a descubrir a danza dos teus pasos. Veño a que me contes que é loucura. Veño a beber cada un dos teus lamentos, a roubar todos os teus sorrisos.Veño a nadar nos teus soños, e a preguntarche o porque vives nos meus. Veño a refuxiate entre a miña calma, a non me esconder dos medos. Veño a que me mordas debilmente, que as túas frías meixelas rocen a miña fronte. Veño a vingarme de todo aquel que che fixo mal, a loitar polo que aínda nos queda. Pero, ante todo, veño a recordarche que se non podo chegar, en cada suspiro de aire fresco arelarei o teu alento.

1º Premio,1º Ciclo ESO: Christian Freire Taboada, 1ºESO B

Ámote

Na mirada coa que a percorro hai tenrura, e cando cos dedos acaricio o seu cabelo louro desexaría conxelar ese instante sentindoa preto de min; atrapar cada curva da sua silueta, cada matiz da súa pel suave. Achego os meus labios aos dela, e quero demorar o bico, mirando ese rostro severo que me aviva o desexo e fágoa miña, queréndoa mais alá do frío da miña pel e do cheiro inevitable, que desprende para min, pensando en apretala cada vez máis forte. Só quero dicirche unha cousa: “Amote!”


Dado que o xurado deixa deserto o premio para o 2º Ciclo ESO, considera que o texto presentado pola alumna de 1º ESO C, María Rodríguez Tizón, é merecedor dun ACCESIT
 
Despois de escoitar os textos premiados, os participantes recibiron os agasallos correspondentes. Queremos agradecer a participación á espera de novas convocatorias. GRAZAS.