10/03/18

SUPERSORDA NA ESPERELA


Nestas memorias en forma de novela gráfica, a autora e ilustradora Cece Bell narra como perdeu o oído cando era moi pequena e a súa experiencia co audífono, que ás veces lle permite escoitar cosas que preferiría non oír e que tamén a separa dos seus compañeiros.

05/03/18

OBRADOIRO DE XORNALISMO


A Esperela organizou hoxe para o alumnado de 4º de ESO un Obradoiro de Xornalismo grazas a iniciativa do Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social "La Caixa"
A actividade ten por obxecto familiarizar os escolares co funcionamento dos medios de comunicación, co papel que desempeñan os profesionais do xornalismo e coa importancia de contrastar as informacións, para así fomentar no alumnado o espíritu crítico e a consciencia dos riscos e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Tivemos a sorte de contar como "profesor de xornalismo" con Pablo Díaz Bouza, graduado pola USC e profesional experimentado. Ademais, Pablo é un exalumno moi querido para o noso instituto e aproveita todas as oportunidades para amosarnos o seu cariño. Nós non podemos estar máis orgullosas: Grazas, Pablo!!