Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

23/05/19

VOLVEMOS AO SÉCULO XVII



Hoxe, tres rapazas e un rapaz de 3º de ESO convertéronse en personaxes do século XVII e levaron o seu saber ao cole de primaria. Alí, a rapazada de 5º escoitou con atención e aprendeu algo máis de Cervantes, Shakespeare, Hamlet e Don Quijote.
Que sorte poder contar con este alumnado tan colaborador!! Moitas grazas!!

31/01/19

130 ANOS DE NATIONAL GEOGRAPHIC


Hai 130 anos publícase o primeiro exemplar da revista "National Geographic", unha publicación mensual que recolle artigos sobre diversos lugares do planeta e a súa historia. Ademais, a revista é recoñecida pola súa calidade de edición e fotografía e nela participan os mellores xornalistas do mundo.
Na Esperela tedes unha exposición con exemplares en lingua inglesa. Non a perdades!!

14/11/18

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Este ano, o manifesto asínao Luis Navarro, profesor de Bioloxía na Universidade de Vigo. Aquí tedes tamén materiais para actividades.

23/09/15

PABLO NERUDA

O 23 de setembro de 1973 morría na súa casa de Santiago de Chile o escritor Pablo Neruda, considerado por moitos como o máis grande poeta do século XX.


15/05/14

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.


Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:


Páxina da Real Academia Galega Inicio

 Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.

A lus do mundo. Redescubrindo o poeta Díaz Castro: páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro dende xa hai tempo. Música, karaoke, documental...

Penélope: pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.  

 
Xosé María Díaz Castro: dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
  • Xosé María Díaz Castro, versos guitiricenses
  • Banda deseñada, unha forma sinxela e lúdica de achegarse á vida e obra deste autor. Pódese descargar en formato pdf.


  • Na biblioteca podes ler as seguintes obras:
    - Nimbosviu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.

    - Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
    Para un achegamento á figura doautor. Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.



    E para escoitar un pouco de música da man de Paco Nogueiras

    Fuxan os Ventos ten musicado o poema de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta. Imprescindible
     

    FELIZ E POÉTICO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    25/04/14

    GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

    Dende a Biblioteca Rosalía Castro, IES Pazo da Mercé (As Neves), chéganos esta presentación como homenaxe a GABO, finado o pasado 17 de abril. Grazas.
    Para lembrar a súa vida  e coñecer as súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E  non esquezas o relato "Viendo llover Galicia"

    22/04/14

    23 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR

    “ Ler para soñar, soñar para vivir”. María Canosa
                          DÍA MUNDIAL DO LIBRO                     
    ACTIVIDADES
    • Día 23 na hora de ler (2ª hora) lectura de textos do Quijote.
    • Día 23 no 2º recreo: Inauguración da Exposición: “DESCUBRE OS TESOUROS DA BIBLIOTECA”. Libros diferentes, espectaculares, formatos especiais,... Entrega de marca-páxinas conmemorativo aos asistentes.
    • Día 23, no recibidor do instituto:  “Dálles outra oportunidade”, libros de expurgo para levar, ler e compartir.
          • Día 24, no 2º recreo: Homenaxe a Gabriel García Márquez polo seu pasamento. Expoñemos as súas obras e  leremos textos das súas obras.
          • Exposición: “ O LIBRO EN VIÑETAS”
    Lembrade que segue aberto o prazo para presentar as vosas obras ao concurso “FOTOLIBRO”

    “El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
    Participa e goza dos libros e a lectura

    24/11/13

    25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Dende A Esperela queremos unirnos a esta conmemoración imprescindible coa intención de sensibilizarnos, sobre todo de tomar conciencia que é posible mudar a realidade na medida que somos quen de mudar os nosos comportamentos a hora de relacionarnos.
    CONTRA A VIOLENCIA: REACCIONA 
    Na biblioteca podes visitar a exposición de libros sobre o tema...LER FAINOS MAIS  LIBRES 
    O martes 26 as 12:15 na biblioteca leremos un texto moi especial: participa.

    Eduardo Galeano ofrécenos un texto moi axeitado para pensar
    http://www.saudaderadio.com/2013/04/nunca-mas-mi-lado.html
    Escoita a voz do autor: NUNCA MÁS A MI LADO

    Actua é responsabilidade de todos nós

    11/11/13

    DÍA DA MUNDIAL DA CIENCIA: PROCURA CON CIENCIA

    "No ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de, por unha  banda, promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades e, nomeadamente, na erradicación da pobreza e a prol da seguridade humana; por outra, conseguir unha maior conciencia social da importancia da ciencia e a redución da fenda existente entre a ciencia e a sociedade.
    A Esperela faise eco desta conmemoración continuando co concurso: "PROCURA CON CIENCIA".
    Respostas as preguntas da semana pasada:
    1º CICLO ESO
    Pregúntanlle a J.C. Polanyi por que os científicos teñen a necesidade de explicalo todo e este contesta citando a Sócrates.
    Averigua que contesta Sócrates hai tres mil anos
    RESPOSTA:
    "Simplemente porque sinto a necesidade de coñecerme a min mesmo e coñecer todo o demais "
    Stiekel B Los niños preguntan, los Premios Nobel contestan (página 23)
    2º CICLO ESO 
    Cando unha substancia en estado líquido arrefríase contrae o seu volume. Se a temperatura baixa o suficiente (punto de fusión) esta substancia cambia de estado de líquido a sólido e a súa densidade aumenta. Segundo isto,
    Por que o xeo flota sobre a auga?
    Por que esta característica da auga é especialmente útil para a vida?
    RESPOSTAS:
    Cando a auga arrefríase contrae o seu volume como todos os líquidos, pero ao chegar aos 4ºC cesa esta contracción e a súa estructura se dilata hasta transformarse en xeo no punto de conxelación. Este fenómeno se conoce como dilatación anómala da auga e explica porque o xeo flota na auga ao ter menor densidade que esta.
    A causa desta dilatación anómala hai que buscala na estrutrura interna: o xeo é un cristal molecular, é dicir, un enrexado de moléculas de auga unidas unhas a outras por enlaces de hidróxeno formando estruturas hexagonais (fíxate no debuxo).Trátase dunha estrutura moi expandida. Ao fundirse o xeo, esta estrutura se desmorona parcialmente (desaparecen parte dos enlaces de hidróxeno) orixinándose un retículo que ocupa menos espacio e, polo tanto, é mais denso.
    Gracias a esta anomalía da auga, os lagos, ríos e mares comezan a conxelarse dende a superficie hacia abaixo, e esta capa de xeo superficial aisla térmicamente do exterior aos seres vivos que viven neles, pois aunque a temperatura ambiental sexa extremadamente baixa (-50ºC ou -60ºC), a temperatura da auga do fondo non supera os 4ºC ou 5ºC (algo similar ao que ocurre no interior das casas dos esquimós).
    Petrucci, Harwood e Herring Química General, página 502
    Gran Enciclopedia Larousse Tomo 11, página 5404
    Hann J La Ciencia en tus manos, página 21
    Esperamos que acertarades, non hai problema sen solución: novas preguntas para esta semana.
    1º e 2º ESO

    Cando oímos a palabra ROBOT veñen a nós imaxes de películas de Ciencia Ficción ou de novelas de autores como Isaac Asimov. O termo ROBOT é unha palabra de recente aparicicón que designa a un conxunto moi amplo de dispositivos con funcións moi variadas pero,… ¿Cal é e súa orixe?

    PREGUNTA: Cal é a orixe da palabra ROBOT?
    3º e 4º ESO

    PREGUNTA



    Pódese ferver auga nun recipiente de papel?




    Animo e a investigar
     
    Lémbrate de visitar na cafetaría a Exposición: "A muller na ciencia,no pensamento e na música". Organizada polo EDLG 

    02/10/13

    DÍA INTERNACIONAL DA NONVIOLENCIA




    Con motivo da conmemoración, hoxe Mércores 2 de Outubro, do DÍA INTERNACIONAL DA NONVIOLENCIA, proclamado por Nacións Unidas  no aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, queremos compartir con vós un poema

     
       A ILLA EN REBELIÓN


       Soño

       cun mundo no que o ser humano

       xa non desprece ao ser humano

       onde reine o amor na terra

       onde adorne a paz os camiños.

       Soño cun mundo no que todos

       se deixen ir polas sendas doces da liberdade,

       onde a cobiza non ensombreza os nosos días.

       Soño cun mundo no que brancos e negros

       sexa cal sexa a vosa raza,

       compartan os dons da terra,

       onde todo ser humano sexa libre,

       onde a miseria vergoñenta agachará a cabeza,

       e a ledicia como unha perola preciosa,

       colmará os anhelos da humanidade.

       Velaquí o mundo co que soño.

    04/06/13

    DMMA 2013




    Seguindo o lema "Pensar. Comer. Conservar", o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, está fortalecendo a campaña contra a perda e desperdicio de alimentos, xunto coa promoción doutras actitudes, como a organización comunitaria de espazos públicos, a redución do uso de bolsas de plástico, ou buscar novas alternativas de medios de transporte, entre outras.

    A idea é crear conciencia sobre os problemas do medio ambiente e conseguir que todos comprendan a súa responsabilidade, así como o seu potencial para converterse en axentes de desenvolvemento sostible e equitativo, ademais de difundir información sobre os impactos ambientais na elección do tipo de alimentación que as persoas deciden. Datos da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación (FAO) mostran que 1,300 millóns de toneladas de alimentos pérdense ao mesmo tempo, e que 1 de cada 7 persoas no mundo sofren fame e, cada día, máis de 20.000 nenos e nenas menores de 5 anos morren do mesmo mal. 
     
    Medidas conscientes, como a selección de alimentos orgánicos, que non utilizan produtos químicos no seu proceso de produción, e a compra de produtos fabricados localmente, que non son importados doutras partes do mundo, estanse promovendo, para contribuír a conservar o medio ambiente.



    É fácil culpar a outros do cambio climático, a degradación medio ambiental,... con todo, o DMMA é un día para deixar ao carón esas diferenzas e pensar que podes facer ti para protexer o medio ambiente.

    Ao celebrar o Día do Medio Ambiente recordamos a importancia de coidar o noso planeta e sobre todo, dámonos conta de que cada acción conta. 
    Converte a túa rutina en "verde" cuns simples pasos. DMMA da á Z.


    03/04/13

    DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

    Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 



    Aportación de José Saramago

    10/03/13

    10 ANOS DE GALIPEDIA

    O 8 de marzo cumpríronse 10 anos da aparición da GALIPEDIA.
    Parabéns dende A Esperela a esta imprescindible ferramenta de consulta e difusión da nosa lingua.
    GRAZAS

    11/12/12

    RECITANDO A CELSO EMILIO: 12 do 12 as 12 e 12


    Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

    A Esperela únese a esta iniciativa convidando a toda comunidade educativa a recitar o poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 do 12 as 12 e 12.

    Dios ke te crew / garcia mc - deitado frente ao mar








    Aquí podedes ver unha presentación sobre o autor e a súa obra.
    Grazas a Biblioteca Arquivos do Trasno do IES Rafael Diste, A Coruña
    Esperámosvos na biblioteca