10/11/18

XURXO SOUTO NA ESPERELA

O vindeiro luns 19, e grazas ao Departamento de Lingua Galega, teremos na Esperela a Xurxo Souto! 
Somos un pobo de artistas!

09/11/18

SEGUNDA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

No Atrapasoños de hoxe, a lectura escollida foi Romper o porquiño, de Edgar Keret. Un texto para reflexionar sobre a diferenza entre valor e prezo.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.

08/11/18

O PUÑO E A LETRA


Corenta poemas de Yolanda Castaño interpretados en viñetas por corenta dos nomes máis salientables da ilustración galega: David Rubín, Xulia Vicente, Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Cynthia Alonso, Xan López Domínguez, María Ferreiro, Kiko da Silva... 

07/11/18

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Este mes comezamos coa orientación profesional en 4º ESO. Para a primeira sesión repetimos con Pablo e Tamara, éxito seguro...

05/11/18

NAS TICS MANDAS TI

Hoxe  desenvolveuse o obradoiro NAS TICS MANDAS TI, a cargo de persoal especializado e dirixido ao alumnado de 4º da ESO. O obradoiro aborda os tipos de violencia a través do uso das novas tecnoloxías e as habilidades do tratamento das mesmas: ciberbullyng, ciberviolencia de xénero, xesting...


Unha iniciativa da Deputación da Coruña e o Concello de Sada.