Respostas ás dúas preguntas da semana pasada, e con elas rematamos o concurso.
1º
e 2º ESO
Pódense
cocer ovos no cume do monte Everest ?
RESPOSTA
Todo
o mundo sabe que a auga ferve a 100ºC. O que se esquece precisar é
que isto só é verdade ao nivel do mar, onde a presión atmosférica
é de 760 milímetros de mercurio (1 atmosfera). Ao gañar altura
respecto ao nivel do mar, a temperatura de ebulición baixa. Así, no
cume do monte Everest (8.846 m), a temperatura de ebulición da auga
só é de 72ºC. A esta temperatura a agua ferve e, a temperaturas
máis baixas, os ovos non se cocen.
Por
que a temperatura de ebulición diminúe coa altura?
A
auga está formada por millóns de partículas microscópicas: as
moléculas. Se quentamos por enriba dos 100ºC, as moléculas da agua
teñen a suficiente enerxía para “escapar” do líquido: é o
vapor de auga. A enerxía que precisan as moléculas para “escapar”
aumenta ao aumentar a presión atmosférica, xa que esta actúa como
unha “tapadeira”. Dado que a presión atmosférica diminúe coa
altura (hai menos aire), tamén diminúe a temperatura de ebulición.
Nas
potas “a presión” acontece o contrario: no seu interior a
presión é 1,7 veces máis elevada que no exterior. Nelas, a auga
non comeza a ferver ata os 120ºC. Así, os alimentos quéntanse a
temperaturas máis altas que nunha pota ordinaria e, por iso, cocen
antes.
Nessman
P. Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches, páxina
103 Editorial Faktoria K
RESPOSTA ÁS PREGUNTAS DE 3º/4º ESO SOBRE A EVOLUCIÓN DAS ESPECIES
Darwin venceu o seu medo a publicar os seus traballos grazas a una carta enviada por Alfred Russel Wallace. Este xove científico traballaba nas illas de Indonesia e dende alí quixo comunicarsecon Charles Darwin para consultar a súa opinión.
A importancia da carta radica en que ,nela, A.Wallace pídelle consello a Darwin e explícalle unha serie de ideas sobre evolución que ,na base, eran as mesmas ás que chegara Darwin ao longo de moitos anos de estudo .Darwin sentíu que isto era ,por una banda ,un apoio que reforzaba os seus ánimos.Por outra parte,entendeu que,se non publicaba a súa teoría e tódalas probas recopiladas, con urxencia, outros científicos íano facer antes. Por medo, ía perder o traballo de toda una vida.
Título :“Charles Darwin.La aventura de la evolución “Autores :A.I. Wood e Clint Twist.
O equipo gañador é:
Alba Castro e Alejandro García
4º ESO.
PARABÉNS AOS GAÑADORES E GRAZAS POR PARTICIPAR