23/09/17

CHUS PATO INGRESA NA RAG


Hoxe Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG) como membro de número nunha cerimonia que terá lugar no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense. 
Chus Pato (Ourense, 1955) posúe unha voz renovadora e rupturista cun marcado compromiso ético coa condición feminina e co país. Os seus primeiros poemas viron a luz na revista Escrita (1984). Parte da súa obra pode lerse tamén en revistas como (Luzes de Galicia, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, DornaClave Orión...), e en antoloxías e libros colectivos. Urania (1991) foi o seu primeiro libro de poemas, ao que seguiron Heloísa (1994), Fascinio (1995), A ponte das poldras (1996) ou Nínive (1996), co que gañou o Premio Losada Diéguez en 1997. En 2009 fíxose co Premio da Crítica por Hordas de escritura (2008), co que volveu gañar o Losada Diéguez. Este título forma parte da pentaloxía Decrúa(antes Método), aberta no ano 2000 con m-Talá, e da que tamén forman parte Charenton (2003), Secesión (2009) e Carne de Leviatán (2013), polo que foi recoñecida co Premio da Irmandades do Libro como mellor autora do ano.
A poesía de Chus Pato foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en antoloxías internacionais.