Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

06/02/14

VI CERTAME AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS

BASES DO VI CERTAME AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
 
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 7 de febreiro de 2014 no primeiro recreo e remata o 21 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra  no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro. 
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para o 2º ciclo da ESO.

Sétima. O anuncio das obras gañadoras do certame farase o día 26 de febreiro. Terá lugar na Biblioteca A Esperela no segundo recreo. 
 
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa.  
 
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases. 
EDLG / Biblioteca A Esperela

IES O MOSTEIRÓN
Sada, 6 de febreiro de 2014
  Animádevos a participar

27/11/13

CALENDARIO 2014

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E A BIBLIOTECA A ESPERELA CONVÌDANTE A:

Xogar co tempo VIAXANDO POLAS ESTACIÓNS, entrando e saindo das semanas esvarando polo medio dos días, p a r à n d o s e   e n   c a d a   m e s ...
Presenta a túa idea para un calendario mural, de mesa e outro de peto para o ano 2014
Bases:

1ª- O concurso está aberto a todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexen participar. Cada concursante poderá presentar só unha obra para cada unha das modalidades.

2ª- O traballo deberá ser orixinal. Os participantes poden facelo nas seguintes modalidades:
  1. Deseño de un calendario do ano 2014 en tamaño mural (para colgar nas paredes)
  2. Deseño de un calendario do ano 2014 para mesa
  3. Deseño dun calendario tamaño “peto” para distribuír entre os membros da comunidade educativa do instituto.
3ª- A técnica dos traballos: pode ser fotografía, debuxo dixital ou debuxo en papel, tanto a cor como en branco e negro, etc.

4ª- A temática, aínda que libre, deberá incluir:
  • O calendario mural ten que incorporar un motivo para falar, ler, empregar o galego para cada un dos meses do ano. Pódese engadir un slogan que encabece o ano.
  • O calendario de mesa ten que incorporar un slogan para o ano.
  • O calendario de peto ten que incorporar unha foto orixinal sobre o galego: falar, ler,...en galego. No reverso incorporar o calendario do ano.

5ª- Os orixinais enviaranse como documento achegado por correo electrónico ao enderezo: aesperela@gmail.com. Os traballos deben presentarse en formato de imaxe, preferiblemente JPG, PDF. ( No asunto do correo especificar nome e curso do autor/a)
Tamén podes entregalos en formato papel - mellor tamaño DIN A4- na biblioteca, protexidos dentro dunha funda de plástico, na que tamén irá un pequeno sobre pechado no que figure por fóra o título do traballo e dentro os datos da identidade do autor /a.

6ª- O prazo de entrega de orixinais ábrese o 26 de novembro e pechase o 13 de decembro as 24:00 horas.

7ª- O xurado estará formado por membros do EDLG e A Esperela. Emitiran o seu fallo o día 16 de decembro, as 12: 15 hs. Na biblioteca.

8ª- A decisión do xurado será inapelable.

9ª- O xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto.

10ª- Establecese un premio para cada unha das modalidades: Mural, mesa e Peto. Os gañadores veran a súa obra publicada e distribuída.

11ª- A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e a decisión do xurado.


En Mosteirón a 26 de novembro de 2013.
Anímate e participa

11/06/12

PRESENTACIÓN DE ÉDELINGUA

O pasado venres 8, alumnado, profesorado e familias do IES O Mosteirón, ademais das autoridades máis representativas do Concello de Sada, acudimos á Casa da Cultura Pintor Lloréns para celebrar a presentación oficial do proxecto Édelingua.
O acto resultou emocionante e divertido a partes iguais, grazas ao traballo do Equipo de Dinamización e ás colaboracións do alumnado.
Destacamos a alegría de T. P.  ao saberse gañadora do Édelingua 2012,  a asistencia ao acto de ex-alumn@s moi querid@s, o merecido protagonismo dos irmáns González Garrido e a calidade das dúas últimas producións do Equipo: "O drama do cabalo de xadrez" e "A Filla da Ría de Prata".
Mirade as fotografías e veredes a ilusión en todas as caras:





Dende a Esperela, queremos felicitar a tod@s @s que formades parte de Édelingua, 
moi especialmente ao coordinador, Xosé Seoane Cao.
Grazas polo voso traballo!

30/05/12

ÉDELINGUA NA CASA DA CULTURA DE SADA

O venres 8 de xuño, ás 20:00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, terá lugar o acto de presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón (EDLG).
Ademais da proxección doutras curtametraxes, estrearanse as últimas producións de Édelingua: o documental A Filla da Ría da Prata e a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez.
Neste acto entregarase tamén o premio Édelingua 2012, outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón ao alumn@ que máis se teña significado na defensa e promoción da lingua galega.
Contaremos coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
Estades tod@s invitados. Contamos con vós!

Tedes máis información no blogue de Édelingua.

11/04/12

ÉDELINGUA: GAÑADORA DO CONCURSO DE VÍDEOS DO CORRELINGUA 2012


Onte recibimos no instituto unha moi boa nova: Édelingua Producións Audiovisuais, a produtora do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega, gañou o primeiro premio do concurso de vídeos do Correlingua 2012.
É unha gran satisfacción que esta produtora, formada por alumnado e profesorado do equipo, e que tantas satisfaccións nos da, vexa así recoñecido o seu traballo e esforzo. Felicitamos a tod@s @s integrantes do equipo, especialmente a Javier González, de segundo de bacharelato, o noso cámara e director.
PARABÉNS!


Se queredes ver outros vídeos da produtora e saber máis deste premio, 
visitade o blog do Édelingua.

23/01/12

CONCURSO DE MICRORRELATOS SOBRE O AMOR


CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR ! AMOR ?... EN CEN PALABRAS


                               ATENCIÓN RAPAZAS E RAPACES:
Esta rapaza gañou o primeiro premio no concurso lingua de amor  porque...



...EN GALEGO LÍGASE MÁIS .Está demostrado. Frases míticas para facer as beiras  como: "ti es de aquí ou vés á festa?"  só con usalas conseguen efectos demoledores coa vítima escollida ( probade, probade...)
Por iso para facerlle os honores a San Valentín, que en febreiro sempre anda moi atarefado, convocamos a cuarta edición do concurso de microrrelatos que demos en chamar AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A VER QUEN CONSEGUE SER MÁIS ROMPEDOR NISTO DAS DECLARACIÓNS DE AMOR.


BASES DO CERTAME
AMOR? AMOR!... EN CEN PALABRAS
Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…

Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 1 de febreiro de 2012 no primeiro recreo e remata o 15 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra‑ no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.

Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio da obra gañadora do certame farase o día 24 de febreiro. Terá lugar no ESPAZO CINEMA, no primeiro recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases.

16/11/11

ALMANAQUE

@s compañeir@s do Édelingua están a facer un almanaque do curso escolar para as aulas e espazos comúns. Como quedamos con ganas de ter tamén un pequeno de cada mes, fixeron, de momento, este para novembro, cheo de información lingüística, literaria, refráns e bos consellos.
É moi de agradecer o traballo e a dedicación dest@s compañeir@s que tanto fan pola nosa lingua e polo noso instituto. GRAZAS!

Calendario de novembro

10/11/11

ÉDELINGUA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS

Hoxe comezou a rodaxe da nova curtametraxe de Édelingua Producións Audiovisuais do EDLG do IES O Mosteirón, Na oficina de obxectos perdidos, baseada nun texto de Séchu Sende e realizada por Javier González (Genetic Films).
Aquí tedes unha produción máis antiga de Genetic Films...


Se queredes máis información sobre Édelingua Producions Audiovisuais, mirade aquí.

09/06/11

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS


Con un pouco de retraso, problemas de memoria, podemos ver un resumo das actividades e actos desenvolvidos durante a semana adicada as Letras Galegas.



Grazas a todas as persoas que o fixestes posible

10/05/11

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

IES O MOSTEIRÓN
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2011


  • Exposición de lemas a prol da lingua e das letras galegas.
O alumnado do Centro, elaborará pequenos cartaces que serán expostos no instituto durante a semana das Letras Galegas ( 17- 21 de maio).

  • Proxección de varias presentacións sobre Lois Pereiro , na aula de audiovisuais , durante os días 10 , 11 e 12 de maio nos recreos das 12.10 h. 
     
  • SALVANDO LIBROS. Exposición dos cartaces cos libros salvados nas Bibliotecas Escolares e por Persoeiros. Recibidor do instituto.

  • Homenaxe aos escritores galegos aos que foi dedicado o día das letras galegas. Será o día 13 de maio durante o segundo recreo, no recibidor do instituto, onde colectivamente colocaremos unha exposición das fotografías dos homenaxeados desde o ano 1963 até hoxe .

  • Recitais da poesía de Lois Pereiro, durante os recreos das 12.10 a cargo do alumnado, os días 18 ( 1º ciclo da ESO) , 19 ( 2ºciclo de ESO) e 20 ( Bacharelato)

  • Decoración, centrada nun autor galego , da porta da cafetería do centro,continuando o labor iniciado nas portas das aulas.

  • Exposición de varios murais sobre a vida e a obra de Lois Pereiro elaborados polo alumnado de diferentes niveis.

  • Como remate das actividades dedicadas á semana das letras galegas, Venres 20, as 10:30, Salón de Actos. ACTUACIÓN DE PEDRO BRANDARIZ, Monologuista e cómico. 

ORGANIZAN: DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA // BIBLIOTECA A ESPERELA // EDLG

07/05/11

Eu falo galego porque...

VÍDEO DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA, REALIZADO POR JAVIER GONZÁLEZ GARRIDO, PROTAGONIZADO POR PABLO DÍAZ BOUZA, ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO E QUE CONTA COA PARTICIPACIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES O MOSTEIRÓN.