26/05/12

HARUKI MURAKAMI

Seguindo a recomendación do alumno de 1* de bacharelato Brais Lestón, que leu Tokio blues, de Haruki Murakami, mercamos novos libros deste autor para a biblioteca.
Teñen moi boa pinta, a ver que vos parecen:






25/05/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!

Sergio Pose Rial, 4* ESO
DEATH NOTE, Tsumi Ohba e Takeshi Obata

¿Por qué Death Note? Desde pequeño siempre he tenido gran curiosidad por la muerte y también me gusta el manga (es como otro cómic cualquiera pero con algunas características diferentes). Death Note lleva las dos, además de representar el tema de la ultratumba desde el punto de vista y las costumbres de otra cultura en la actualidad.
La historia de este libro trata de Ryuk, un shinigami (o dios de la muerte) que deja caer su "cuaderno de muerte" en la Tierra y es encontrado por el joven Light Yagami, el cual aprovechará las cualidades del cuaderno para castigar con la muerte a los causantes de grandes catástrofes. A medida que avanza la historia descubrirá las normas por las que se rige para matar e incluso se encontrará con el dueño que se lo dejará para sus propios beneficios.


24/05/12

EXPOTAKU 2012 A CORUÑA


Esta fin de semana, días 25, 26 e 27 de maio, celébrase en ExpoCoruña a terceira edición de ExpOtaku 2012 A Coruña. Trátase dun evento lúdico cultural onde os videoxogos, o cómic e a cultura xaponesa son os protagonistas.
Ao longo destes tres días, os asistentes poderán disfrutar de máis de cen actividades que inclúen, entre outras moitas cousas, exposicións, concertos, conferencias, un ciclo de cine asiático e un concurso de cosplay no que se premia ao gañador cunha viaxe á Japan Expo de París.
Este ano ademais coincide coa celebración do 35 aniversario de Star Wars, que será dinamizada por Tropa Korriban, e a celebración conxunta de ExpOtaku coa XIX edición da Arroutada

23/05/12

A TUMBA DOS VAGALUMES


Recoméndovos esta película xaponesa do Studio Ghibli, A tumba dos vagalumes, dirixida por Isao Takahata. Ambientada na Segunda Guerra Mundial, está considerada unha das mellores películas antibelicistas de todos os tempos e unha obra maestra do cine de animación.
Aviso: é unha película moi triste, non é apta para pequenos nin maiores extra-sensibles...

22/05/12

ISAAC ULLOA HOMENAXEA A MOEBIUS



Jean Henri Gaston Giraud,  coñecido tamén como Moebius,  naceu en   Francia o 8 de Maio de 1938 e faleceu o 10 de Marzo de 2012.
Coa morte deste xenio, o cómic queda sen un dos grandes referentes dentro do cómic mundial. Moebius foi un dos primeiros en levar o cómic a un apartado máis grafico, no que toda a historia está narrada mediate viñetas e case sen palabras, como sucede en dúas das súas obras máis importantes como son Arzach e  The long tomorrow. Esta última está considerada como o cómic máis influínte no cine.


Moebius tamén levou o cómic a un apartado máis adulto xunto con outros autores como Will Eisner, Frank Miller e Alan Moore. O autor francés revolucionou a ciencia ficción ao traballar con Jodorowsky e facendo unha das obras máis importantes do xénero, O Incal.

O cómic neste momento está a altura da literatura en xeral. Hai obras dunha calidade boísima con argumentos complexos e o mesmo se pode dicir dos personaxes. Entre estas obras destacan as de Alan Moore como Watchmen, V de vendetta e From hellO Incal, varias obras de maestro Osamu Tezuka, etc.
O cómic conseguiu acadar en calidade a novela, pero segue sen recoñecérselle esa calidade, aínda que pouco a pouco estase a conseguir con xestos como o da revista Time que elixiu a Watchmen como unha das mellores 100 novelas en inglés desde 1923.

Autor: Isaac Ulloa, 1* de bacharelato.

21/05/12

O TAMAÑO DA TERRA NA SOMBRA DUNHA VASOIRA


O alumnado de 2* da ESO asistiu o martes a unha charla no noso instituto organizada polo Departamento de Matemáticas e impartida por Beatriz Gómez Arribas, técnica de investigación do INCIPIT e especialista en arqueoloxía e César González García, investigador de astronomía na cultura e arqueoastronomía. Estes encontros científicos entre persoal investigador do CSIC-Galicia e alumnado de secundaria están integrados dentro de Exper-i-ciencia CSIC 2012, proxecto de colaboración entre a Delegación Galega do CSIC e a Fundación Barrié.