23/06/12

ADIÓS CON EL CORAZÓN!

A profesora de Economía e TIC, Elena Conde, é un luxo como compañeira e como profesional. Contar con ela nun instituto é garantía de calidade.
Aproveitamos o espazo deste blogue para agradecerlle a súa axuda, paciencia e disponibilidade SEMPRE. 
Mirade que vídeo de despedida montou co alumnado de 1* de bacharelato que ten que marchar este ano...

          

GRAZAS, ELENA!

22/06/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Coa recomendación semanal de Xosé Píriz poñemos fin ao Fotolibro
Grazas a tod@s por participar coas vosas recomendacións,
 por visitar o blogue e polos vosos comentarios.


Presume de ler e déixate ver!

Xosé Píriz Calvo, 1* ESO B
Barro de Medellín, Alfredo Gómez Cerdá
Esta é unha historia moi triste de Alfredo Gómez Cerdá, pero ten un punto de vista diferente, de xente pobre, de nenos con problemas.
O noso protagonista chámase Camilo e vai sempre acompañado do seu mellor amigo Andrés. Camilo sempre di que cando sexa maior quere ser ladrón, sen embargo, Andrés di que non.
O pai de Camilo é alcohólico e cada tarde pídelle a Camilo que lle traia unha botella de augardente, pero como Camilo non ten diñeiro e o seu pai non llo quere dar, Camilo limítase a roubala.
Nunhas semanas, Andrés e Camilo vivirán aventuras por todo Medellín.
Eu recomendo este libro porque é outro punto de vista, é diferente da vida cotiá, dos contos que acaban ben. Este libro gustoume moito a pesar de todo. Eu creo que a historia non trata só do protagonista que rouba e quere ser ladrón, creo que trata da amizade, da amizade que ten Andrés con Camilo.



21/06/12

RECORDAMOS A JEAN-PAUL SARTRE

O escritor e filósofo francés Jean Paul Sartre naceu en París o 21 de xuño de 1905.
Foi representante do existencialismo e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1964, premio que rexeitou explicando nunha carta á Academia Sueca que el tiña como norma declinar todo recoñecemento ou distinción e que os lazos entre o home e a cultura debían desenvolverse directamente, sen pasar polas institucións.
É autor de obras tan recoñecidas como La Nausée, Huis-clos, Le Mur, Les Mouches.


"O home está condenado a ser libre, non se comprometer é tamén unha forma de compromiso: é responsable diso".

20/06/12

EDUARDO GALEANO VISITA SANTIAGO



O pasado xoves, 14 de xuño, estivo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o escritor uruguaio Eduardo Galeano. O autor presentou o seu último libro, Los hijos de los días, que abrangue todos os días do ano, dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro. De cada día nace unha historia que atravesa as fronteiras do mapa e do tempo. 
O acceso era libre e a capacidade, para 500 persoas, quedou moi escasa... A nosa compañeira Elena Conde, que estivo alí e puido facer fotos e vídeo, tivo que esperar moita cola para poder entrar, pero saíu emocionada por poder disfrutar desta oportunidade única. 

19/06/12

OBRADOIRO DE CINE NO CGAI


O pasado venres 15 o alumnado de 4º de ESO do noso instituto fixo a presentación do obradoiro "O personaxe e as súas emocións" na sala de cinema do CGAI. Tres alumnas, Elena, María e Cristina, explicaron as características do proxecto e valoraron o que supuxo para elas entrar en contacto co mundo do cine como creadoras. Tamén contestaron as preguntas do público. 
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Mirade a gravación do obradoiro que se fixo dentro das nosas instalacións:

                          
E estas son algunhas fotos do acto de presentación:

18/06/12

JOSÉ SARAMAGO IN MEMORIAM



Hoxe cúmprense dous anos do pasamento de José Saramago, único escritor en lingua portuguesa cun Nobel de Literatura e un dos grandes autores do século XX. Escritor combativo e provocador, cidadán comprometido, mantivo unha postura ética e estética por riba de partidismos políticos, só comprometido co xénero humano.
Sufriu censura e persecución durante os anos da dictadura de Salazar, e tras a concesión do Nobel vivíu entre Lisboa e Lanzarote, cunha idea utópica de creación da Iberia unida.