30/04/11

SALVAR LIBROS.: PROCLAMACIÓN LIBRO SALVADO

O día 27 procedemos a proclamar o libro "salvado". Aqui tedes a achega de Ismael Barreiro, 4º ESO, que formará parte da exposición dos libros salvados polos diferentes centros participantes na actividade.
Grazas a todos/as pola participación, creemos que unha experiencia enrriquecedora e motivante.

Ismael preparado para "Salvar o libro"


Este sálvoo eu
Cando petan na porta pola noite.
Xabier P. Docampo

Por que?
Mestura fantasía e realidade para conseguir unha historia terrorífica. Mentres o lía tiña ganas de parar polo medo que tiña, pero ó mesmo tempo quería seguir para averiguar o final. É un libro que recomendo por que lelo é como ver unha película de terror.
(E memorizo...)
Mandou un berro que non parecía deste mundo e seguiu a correr. Cando a vella puña un pé no sobrado xa os tres subiran os banzos de dous en dous. Chegaron os catro xuntos e a vella saltou para enriba da cama. A luz do luar axudoulles a se decatar de que quería acubillarse entre a cama e a parede.(...)Daquela comezaron a mallar na vella. O pau baixou nese momento e foi bater no medio e medio da fronte da muller. Sentiuse crebar o cranio, brotou un reguiño de sangue e dixo a vella: “A ti, Teixo, heiche dar que arrepentir para mentres vivas, aínda que morra”

IES O Mosteirón
(Sada)

26/04/11

PREMIO CERVANTES 2010

O 27 de abril Ana María Matute (Barcelona 1925) recibirá o Premio Cervantes, é a terceira muller en gañalo dende 1976, ano do primeiro Premio concedido a Jorge Guillén.

"Con 'El Quijote' lloré por primera vez leyendo un libro", palabras da escritora na rolda de prensa que concedeu unha vez informada do premio.


Autora de novelas e contos, Matute está considerada como unha das mellores novelistas da posguerra española, pero, á vez que denuncia social, a súa obra está imbuída dunha mensaxe poética e penetra en mundos líricos ambientados frecuentemente no universo da infancia e a adolescencia.

Non en balde, a súa posición preferente na literatura infantil e xuvenil reportoulle multitude de prestixiosos premios literarios infantís, aparte de adultos como o Premio Nacional da Crítica (1959) e o Premio Nacional das Letras Españolas (2007).

Así, ademais de experta en narrativa infantil, está considerada pola crítica literaria como prosista dunha gran capacidade de fabulación. A súa temática xira ao redor de tres eixos: os nenos, a incomunicación humana e o paraíso imposible.
Na biblioteca temos o teu dispor algunha dás súas obras:
- Paulina
- Fiesta al Noroeste
- Algunos muchachos y otros cuentos
- Historias de la Artámila
- Todos mis cuentos
Non deixes de gozar coa lectura