25/10/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS


Presume de ler e déixate ver

SARA ARROJO DUEÑAS 1º ESO B

Este libro xira en torno a dous personaxes, príncipes do mar: Neda e Mercurín. Dentro de pouco vai ser o aniversario do seu pai, o rei Pindo IV, e decátanse de que non teñen agasallo. Así que deciden ir á superficie para encontralo. A partir de aquí narra diferentes historias dos moitos personaxes que habitan nunha cidade chamada Nil.

Libro moi doado de ler e sobre todo é entretido. Utiliza un vocabulario sinxelo que facilita a súa comprensión. É un libro sobre todo imaxinativo, e como o seu titulo indica, Mil cousas poden pasar. 

Unha das mil cousas que pasan en Mil Cousas libro I é que na vila de Nil se produce un cambio masivo de profesións. A xente cambia de traballo en cadea. 
 






23/10/12

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA.


Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" co fin de difundir as posibilidades deste tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros.  Desde os inicios, a Asesoría de bibliotecas escolares apoiou esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca nos centros.  O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro. 
Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do Día da biblioteca (24 de outubro), no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenos e todos os mozos teñen no seu centro  unha biblioteca escolar.  

                       

Achégate a Esperela o Día da biblioteca escolar e recibirás unha sorpresa.
A biblioteca facémola entre todos/as