Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

01/04/17

MOSTEIRÓN NA RADIO

O proxecto de cine desenvolvido polos departamentos de Plástica e Visual e de Lingua Galega non deixa de dar alegrías. Escoitade a entrevista que emitiron está mañana na radio... (a partir do minuto 17:45)

26/03/17

MOSTEIRÓN EN "EL PAÍS"


En "El País" deste domingo tedes unha reportaxe  sobre a actividade de cine que se está a desenvolver no noso IES, onde os rapaces visionan e reflexionan sobre o "cine de autor".
Parabéns a rapaces e profesoras!!

02/02/17

EL ESPÍRITU DE LA COLMENA


O alumnado de terceiro de ESO participa no proxecto CiNed e asistiu o 20 de xaneiro ao CGAI á proxección da película El espíritu de la colmena, de Víctor Erice.
Neste mural podedes ver o poema que crearon despois con Belén, a profesora de Lingua Galega. Unha delicia!

Era unha vez…
                      un espírito nun pozo,
                      unha familia que falaba coas miradas,
                      un cine–tanatorio,
                      unha película dentro dunha película,
                      un fuxido que comeu unha mazá 
e  a morte, que chegou á mente dunha nena.

Era unha vez Ana e un republicano,
era unha vez un reloxo delator,
                    unhas cartas nunca recibidas,
                    a morte finxida,
                    unha pérdida,
                    un pé nunha pegada,
                    e a vida nunha colmea.
Era unha vez un apicultor misántropo,
                era unha vez unha nena… pero xa non.
Era unha vez…

29/01/13

SEMANA DA PAZ: CINE E LITERATURA


Presentamos hoxe unha película clásica titulada "CUANDO EL VIENTO SOPLA" baseada na novela gráfica de Raymond Briggs co mesmo nome.

Jim e Hilda Bloggs son unha parella de xubilados que viven nunha remota zona rural de Gran Bretaña pouco antes do inicio dunha guerra nuclear. Profundamente patriotas, teñen absoluta confianza no seu goberno e informáronse sobre todo o que é necesario facer no caso de que o inimigo ataque o seu país. Jim leu os folletines oficiais sobre a bomba atómica, e inicia a construción dun refuxio que lles protexerá en caso dunha explosión nuclear.


Aquí podes descargala

Tamén podes ler o cómic El último refugio (Témolo na Biblioteca)


17/10/11

MANUEL RIVAS, PARABÉNS!

A Universidade de A Coruña (UDC) aprobou esta mañá conceder o grao de doutor honoris causa ao escritor Manuel Rivas. A UDC  destacou o prolífica carreira de Rivas, un dos autores máis importantes en lingua galega. Entre as súas obras podemos destacar Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal e a súa última novela, Todo é silencio, que está a levar ao cine o director José Luis Cuerda.
Lembrades A lingua das bolboretas? Aquí tedes un anaco da versión cinematográfica (tamén de José Luis Cuerda).


20/06/11

QUE NERVIOS, QUE NERVIOS...



O venres 17  visitounos José Luís Cuerda, andan buscando rapaces e rapazas para formar parte dunha película baseada na novela Todo é silencio de Manolo Rivas. 


Convocaron o casting e participaron preto de 40 alumnos e alumnas; o final fíxolle a proba diante da cámara a uns 15. Toca esperar resultados. Con un pouco de sorte chaman a algún dos candidatos/as.

Falando co director comentou que o final que mais lle gustaba é cando un vello, nunha película de Orson Welles, di: " Cantas cousas temos visto". (Sentimos non lembrar o titulo). Tamén comentou que por riba da imaxen sempre está a palabra, mais fermosa e evocadora.