08/02/18

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

Na sesión de hoxe de Atrapasoños lemos o conto "O neno suicida", pertencente a Dos arquivos do Trasno, de Rafael Dieste.
Tivemos tamén un almorzo e un sorteo: gañou Carmen!!

06/02/18

COMEZAN OS APADRIÑAMENTOS LECTORES!!


Hoxe comezamos cos "Apadriñamentos lectores". Alumnado voluntario de 4º de ESO levou contos á aula dos pequeniños de infantil para compartir con eles tempo e lecturas. Toda unha experiencia!! Voltaremos!!