EU ESTUDEI NA PÚBLICA, EU TRABALLO NA PÚBLICA!
02/06/12
01/06/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver!
Bianca Santiago, 2* ESO C
Pic-Nic, Fernando Arrabal
Zapo está en la guerra vigilando la cota 47 y de pronto sus padres le sorprenden con una visita para hacer un picnic. Después de una larga conversación aparece un soldado del bando contrario, al que hacen prisionero, y al final lo invitan al picnic. Zapo y Zepo cuentan cómo han llegado a la guerra y coinciden en casi todo. De pronto aparecen aviones y les empiezan a bombardear, pero se salvan. También aparecen unos camilleros, pero al ver que no hay heridos se van decepcionados. Zapo y Zepo dialogan sobre la guerra y deciden decirles a sus superiores que abandonan. Ponen música y bailan para celebrarlo, pero una ráfaga de ametralladora los mata a los cuatro.
Recomiendo este libro porque muestra el lado absurdo de la guerra, como si fuera un juego. En ella no hay diferencias, todo el mundo es igual.
30/05/12
ÉDELINGUA NA CASA DA CULTURA DE SADA
O venres 8 de xuño, ás 20:00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, terá lugar o acto de presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón (EDLG).
Ademais da proxección doutras curtametraxes, estrearanse as últimas producións de Édelingua: o documental A Filla da Ría da Prata e a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez.
Neste acto entregarase tamén o premio Édelingua 2012, outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón ao alumn@ que máis se teña significado na defensa e promoción da lingua galega.
Contaremos coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
Estades tod@s invitados. Contamos con vós!
Tedes máis información no blogue de Édelingua.
29/05/12
MEGALITISMO EN GALICIA
O pasado día 21 de maio o Departamento de Xeografía e Historia organizou unha conferencia titulada "O megalitismo en Galicia", impartida por Xosé Francisco Píriz, membro do Grupo de Traballo "A Fornela" e coautor do libro Antas e pedrafitas en Galicia.
Os alumnos asistentes, dos grupos de 1* de ESO, disfrutaron moito da actividade, principalmente coas maquetas e proxeccións.
Os alumnos asistentes, dos grupos de 1* de ESO, disfrutaron moito da actividade, principalmente coas maquetas e proxeccións.
27/05/12
GRAZAS!!!
E aquí tedes o vídeo que regalaron aos profesores. Algúns aínda estamos "pingando o moco"...
Os agradecidos somos nós: compartir unha etapa das vosas vidas e ter
un pequeno papel no voso paso á idade adulta é un privilexio e
unha felicidade para os que disfrutamos da nosa profesión.
Grazas, niñitos!
AU REVOIR, LES ENFANTS

Dende A Esperela sumámonos a esa grande aperta de todo o profesorado para esta promoción tan especial.
Moita sorte a tod@s!
E este é o vídeo da súa traxectoria...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)