12/05/12

BOB MARLEY

Onte fixo 31 anos da morte do cantante, guitarrista e compositor Bob Marley, o máis coñecido intérprete de música reggae Aí vai este vídeo para recordalo...


11/05/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!


Sara Casero, 3* ESO A
Caperucita en Manhattan, Carmen Martín Gaite
Éste no es el típico libro de una niña que se adentra en el bosque para ir a visitar a su abuela, es un relato adaptado a los tiempos modernos.
Caperucita es una niña risueña que vive en Brooklyn con sus padres, los señores Allen. Sara, nuestra caperucita más moderna, adora a su abuela, Rebeca Little, a la cual todos los sábados visita con una tarta de fresas. Pero, aunque la vida de Sara fuera todos los días igual, una visita al parque lo va a cambiar todo...
Recomiendo este libro porque es un claro ejemplo de la iniciación a la vida joven y porque creo que con este libro es posible soñar.


10/05/12

HOMENAXE AO LIBRO NA ESPERELA


Como unha actividade máis da pasada semana do libro, xa temos exposta, no corredor da biblioteca, a nosa particular homenaxe ao libro en forma de escultura. Damos as grazas por este agasallo a Natalia Veira, a profesora de Plástica, e ao alumnado de 1* e 4* da ESO que colaborou na súa realización. 
Quedou bonita, non si?


09/05/12

MAURICE SENDAK, "ONDE VIVEN OS MONSTROS"



Maurice Sendak, autor de clásicos da literatura infantil como Onde viven os monstros, morreu onte aos 83 anos. Parece imposible imaxinar a literatura infantil sen Sendak, cuxas obras escritas ao longo de 60 anos de carreira foron lidas por millóns de persoas e traducidas a decenas de linguas.
A súa obra literaria é ampla, pero Sendak é principalmente coñecido por máis dunha ducia de contos infantís que el mesmo ilustrou tamén.
Sendak, segundo os críticos, sentou escola porque nunca limitou a súa obra á fórmula convencional seguida por otros autores de contos infantís: tamén presentou ao lector o lado máis "escuro" do comportamento humano.


No 2009, o director Spike Jonze dirixiu unha versión cinematográfica de Onde viven los monstros co mesmo título. Este é o tráiler en castelán...



08/05/12

TAMARA PAREDES, GAÑADORA!

Por terceiro ano consecutivo, a nosa alumna de 2º de bacharelato, Tamara Paredes Gestal, gaña o Certame de poesía Luísa Villalta, organizado polo instituto Isaac Díaz Pardo, onde a recordada poeta era profesora.
É para nós unha grande satisfacción ver que dende hai catro anos, alumnado do IES O Mosteirón acada os primeiros postos neste importante certame, tanto na modalidade de poesía como na de relato curto. 
A entrega de premios será o venres 11 ás 12,30 da mañá en Sada, na Casa da Cultura "Pintor Lloréns", e alí descubriremos se Tamara é premiada co primeiro ou co segundo posto. De calquera xeito, Tamara xa é unha campiona para nós e ofrecémoslle a nosa máis calorosa felicitación.
PARABÉNS!

07/05/12

GRAZAS, MARTÍN!!

O venres, alumnado de 1º de bacharelato, terceiro e cuarto da ESO e parte do profesorado  do instituto disfrutou dun mestre moi especial: Martín Varela Dourado
Martín ofreceunos una clase maxistral do que é a súa especialidade, o tenis en cadeira de rodas, e unha valiosa lección de como afrontar a vida. A verdade é que a emoción estaba en todas as caras (e nalgúns ollos) pois, ademais de explicarnos as características do deporte cun montón de anécdotas, algunhas divertidas e outras dramáticas, Martín falounos do seu accidente, do seu desexo de saír adiante, da súa forza de vontade... Instounos a vivir a vida con entusiasmo e buscando a felicidade nas cousas máis sinxelas. Pediunos prudencia, sentido común e, sobre todo, respecto. Rexeitou a condescendencia e a compaixón  mal entendida (tamén a autocompaixón). Dixo que as únicas barreiras que importan son as mentais, as que nós mesmos poñemos. Contounos o seu proxecto de crear unha escola de tenis para nenos con discapacidade. Criticou (pouco, moi pouco) a falta de axudas e a mesquindade da Administración... e moitas, moitas máis cousas, pero, sobre todo, fíxonos reflexionar.
A actividade, que estaba prevista para unha hora, ao final durou dúas... o certo é que cando nunha actividade toca o timbre do recreo e ningún alumno se move é que verdadeiramente paga a pena o que se escoita!
Grazas, Martín, pola túa lección de vida, de deportividade, de optimismo, de sentido do humor, de vitalidade, de forza, de xenerosidade e de amizade. Algúns non esqueceremos facilmente a túa visita.





A partir do xoves, do 10 ao 13 de maio, podedes velo competir no 
"II Open Internacional Ciudad de A Coruña de Tenis en Silla de Ruedas
que se celebrará na Escola de Tenis Marineda
Aquí tedes o enlace ao vídeo de quad tenis que vos recomendou, impresionante!

06/05/12

LITERATURA DE NAIS


Marco, de los Apeninos a Los Andes é un relato curto incluído por Edmundo de Amicis na súa novela Corazón, publicada no 1886. Narra a historia da longa e complicada viaxe dun neno de trece anos, Marco, dende Italia ata Arxentina, en busca da súa nai, que emigrara a aquel país sudamericano dous anos antes. O relato aporta unha crúa visión da emigración italiana do século XIX.
No ano 1976 fíxose unha versión desta historia nunha serie de animación co mesmo título que tivo un gran éxito. Moito choramos con ela...