31/03/11

Día Internacional do Libro Infantil




O día 2 de Abril de 1805 naceu Hans Chistian Andersen, autor de contos danés, motivo polo que se escolleu esta data para promocionar a lectura entre os mais novos, tamén para procurar unha edición de calidade nas obras destinadas o publico infantil e xuvenil.

Para saber mais achégate as Bibliotecas Escolares de Galicia

27/03/11

SALVAR LIBROS

Da novela gráfica ilustrada por Tim Hamilton

SALVAR LIBROS
ACTIVIDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O mundo toleou, xa non queren libros, non queren que leamos.....non vaia ser que pensemos pola nosa conta. Os bombeiros mudaron de traballo: queiman todos os libros que atopan!!! Fahrenheit 451, (Ray Bradbury)
Temos que salvar libros da queima “únete os salvadores de libros”

As bibliotecas escolares de Galicia unímonos na procura deses libros da literatura galega que queremos salvar.

PARTICIPA (As familias tamén. Grazas) 
  • Do 28 de marzo ó 8 de Abril Presenta na túa clase o libro que queres salvar. Queda exposta na clase a ficha que escribiches.
  • 8 de Abril: durante a hora de ler: elección do libro que salvades na clase. O Alumnado de Bacharelato pode facer a súa elección igual, aínda que non participen na Hora de ler (ORGANIZADEVOS). O/a delgado/a de curso entrga a ficha da obra salvada na Biblioteca.
  • Do 11 ó 15 de abril: Expoñemos todos os libros salvados polo alumnado, profesorado, persoal do centro, familias,..
  • O 26 de abril. ELECCIÓN do libro que salvamos no instituto.
  • O 27 enviamos a nosa proposta para que forme parte da exposición cos libros salvados nas outras bibliotecas galegas.

SALVAR UN LIBRO É DOADO, FAI A TÚA ACHEGA !

Poñemos estes datos:
  • Que libro salvarías ti?
    Titulo. Autor

  • Por que?

  • E memorizo, escribo un parágrafo, un poema,.. (Lembra que a única posibilidade de salvar un libro do lume é aprendéndoo de memoria)
  • Nome e curso /Departamento do “salvador/a”..