Presume de ler e déixate ver
Cristina Rocha, 2º Bacharelato
Historia de una escalera, Antonio Buero Vallejo
Coa publicación de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca, ráchase a crenza do destino marcado na túa vida, incluso denantes de que esta sexa nada. Nesta obra de Calderón, a figura principal, Segismundo, representa a forza dos actos e o camiño a seguir decidindo por el mesmo vencer os obstáculos impostos, marcando así o seu propio destino.
De igual forma, Antonio Buero Vallejo amosa a súa conformidade ante o novo pensamento e mediante a súa obra teatral, Historia de una escalera, vólvese a facer patente o poder do cambio e do esforzo a través dos personaxes principais e os seus fillos, que tomarán parte nesta obra como a reencarnación do problema e a porta cara ó futuro do cambio. E, é que quizáis, o que todos nós necesitamos é deixar atrás esa meta marcada por obligación, que nos persegue e dende un sentido indirecto nós seguimos. Polo que, para poder cumprir os nosos desexos e marcar deste xeito o noso propio camiño, debemos vencer a presión da sociedade que nos rodea.
En resumo, Calderón plantexa unha pregunta, unha cuestión, unha dúbida, unha reflexión á que, segundo o meu parecer, dalle resposta con esta obra realista Buero Vallejo.