08/04/14

CONCURSO FOTOLIBRO: III EDICIÓN

Por terceiro ano convocamos o Concurso "Fotolibro", malia coincidir as vacacións de Semana Santa durante o proceso e prazos para presentar os vosos traballos, o correo da biblioteca estará aberto para recibir as vosas obras.

BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO
III EDICIÓN




Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  coa temática do libro e a lectura. 
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro. pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 8 de abril e rematará o 26 de abril de 2014.

Cuarta. As fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da fotografía por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
 

Sexta. As obras serán avaliadas polos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón establecéndose o seguinte procedemento de votación popular:
  • Do 10 de abril ao 29 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
  • Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
  • A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
  • Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  30 de abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa por valor de 100 € a repartir entre as tres categorías a criterio da organización. 
 
Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.

Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

Animádevos a participar. As vacacións son un momento ideal para “xogar” coas fotos e ler. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais fotografías que na do ano pasado.