24/05/19

EDUARD PUNSET

O 22 deste mes finou o escritor e científico catalán Eduard Punset.
"Es imposible educar sin sentimiento. Cada uno de nosotros es una comunidad andante de células que ha entregado al cerebro las llaves de su comportamiento".
Imaxe relacionada

23/05/19

VOLVEMOS AO SÉCULO XVII



Hoxe, tres rapazas e un rapaz de 3º de ESO convertéronse en personaxes do século XVII e levaron o seu saber ao cole de primaria. Alí, a rapazada de 5º escoitou con atención e aprendeu algo máis de Cervantes, Shakespeare, Hamlet e Don Quijote.
Que sorte poder contar con este alumnado tan colaborador!! Moitas grazas!!

22/05/19

UN CAMPIÓN!!



O departamento de Educación Física e a biblioteca A Esperela trouxeron hoxe ao instituto a Martín Varela Dourado, un campión de tenis e de vida. Xogou e falou da súa experiencia co alumnado de 3º e 4º de ESO nunha visita difícil de esquecer.
Grazas, Martín!!