04/05/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!


Olalla Armada, 3º ESO A
Contra el viento del norte, Cada siete olas, Daniel Glattauer

Los libros Contra el viento del norte y Cada siete olas forman un diálogo amoroso emocionante, irónico, entretenido e inteligente. Las mejores partes son, para mí, aquellas en las que Leo reflexiona sobre la situación. En las páginas 34 y 35, en el e-mail llamado "asunto", es alucinante como con las palabras muestra sus sentimientos.
Los libros de amor, personalmente, no me llaman mucho la atención, pero estos libros me han enganchado y los he leído en nada. Se los recomiendo a la gente que quiere vivir en primera persona cómo un hombre y una mujer se seducen, enfadan y enamoran por medio de internet.
Daniel Glattauer es un escritor maravilloso que ha hecho, mediante palabras, un juego amoroso inteligente.

03/05/12

CIENCIA NA RÚA

A XVII edición do Día da Ciencia na rúa celebrarase o próximo sábado 5 de maio no parque de Santa Margarita entre as 11 da mañá e as 7 da tarde. 
Cada primeiro sábado de maio celébrase esta gran festa da ciencia que pretende facer máis cercana e divertida a ciencia aos cidadáns a través de moi variadas actividades. É a xornada na que os máis novos nos ensinan aos adultos.
Nesta edición participan 20 centros educativos da cidade e da área, ademais dun de Ribadeo, (dende alumnos de infantil ata estudantes de secundaria) que ofrecerán un centenar de actividades, experiencias e experimentos.
Ese día, ademais, os museos coruñeses celebran a súa xornada de portas abertas, co que a entrada é gratis...       Aproveitade!

02/05/12

IMAXE DO DÍA


‎"Leer les agrandará, chicos, el deseo y el horizonte de la vida. Leer les dará una mirada más abierta sobre los hombres y sobre el mundo, y los ayudará a rechazar la realidad como un hecho irrevocable. Esa negociación, esa sagrada rebeldía, es la grieta que abrimos sobre la opacidad del mundo. A través de ella puede filtrarse una novedad que aliente nuestro compromiso." 
                                                                           
                                                                              Ernesto Sabato

01/05/12

NOVA ESCOLA DE BANDA DESEÑADA: O GARAXE HERMÉTICO

O debuxante Kiko da Silva ven de inaugurar O Garaxe Hermético, a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia.
A escola, que está en Pontevedra, ten a porta decorada con ilustracións creadas por Miguelanxo Prado, que son xa a súa imaxe corporativa. 

O curso, para maiores de 16 anos, terá tres anos de duración e 700 horas lectivas ao ano e contará con profesores tan recoñecidos como o propio Kiko da Silva, Norberto e Jacobo Fernández, Fernando Iglesias ou Miguel Porto. Tamén haberá cursos dun ano.
Os interesados consultade na súa web!

30/04/12

PABLO NERUDA EN 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO quixo homenaxear o venres ao poeta que está a ler este trimestre, Pablo Neruda. Estas damas e cabaleiros da poesía levaron prendidos na roupa os seus versos favoritos e fixeron unha lectura poética colectiva aproveitando que ía bo día. Unha actividade formativa e divertida.