19/11/11

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemórase a nivel internacional a aprobación pola Asemblea Xeral da ONU da DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA. Queremos sumarnos traendo á actualidade a figura de Iqbal Masih, un neno que foi quen de denunciar a explotación na que vivía sometido, a costa da súa vida.


Podes ler a novela escrita por Miguel Griot: Iqbal Masih. Lágrimas, sorpresas y coraje.
En 1995, Iqbal Masih, converteuse en mártir pola loita contra a escravitude infantil ao ser asasinado en Lahore, a súa localidade natal. Iqbal denunciou a súa situación ante a opinión pública para concienciar dunha inxustiza que afecta a millóns de menores no mundo. Coa recreación dos testemuños dos que o rodearon, coñecemos un personaxe cuxo labor foi imprescindible na procura dun mundo mellor.


Os problemas para a infancia seguen vixentes, a situación internacional non pinta ben. Podemos facer cousas, para empezar, ler unha obra de gran calidade La vuelta al mundo de un forro polar rojo de Wolfgang Korn, premiada como mellor libro xuvenil de divulgación científica. Unha achega para comprender o transfundo e as complexas relacións que agacha a globalización, ilustrando á inxustiza que domina o comercio mundial....sen dúbida, a próxima vez que vaiamos de compras seremos un pouco máis críticos e lembraremos a historia de Iqbal.

Estas dúas obras, e moitas máis, esperan por ti na biblioteca.