18/01/13

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA



O *IES Perdouro* de Burela (Lugo) convoca concurso de banda deseñada. 


*O prazo da presentación dos traballos remata o 14 de marzo do 2013.

*Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:

* Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais
   que non publicaran nunca obra nin en álbums nin en revistas e que
   non gañaran en anos anteriores.

* Categoría escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.

* Categoría escolar para alumnado ata 14 anos.

O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.

Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.

Calquera información sobre os *V Encontros de BD na Mariña,* atoparédela no blog http://bandadesexada.blogspot.com.es/

Animádevos a participar, é unha boa experiencia e sabemos que sodes grandes debuxantes e guionistas.

13/01/13

IMAXE DO DÍA

“Reto”, de Wasim Kheir Beik. 
Damasco 2007.
“Quero que sirva como proba de que, con vontade e traballo, un ser humano
 pode derrotar a pobreza e a alienación.”
E ti que pensas?