29/04/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Paula Pacheco Romay

Este libro narra como uns fillos volven a casa e enfréntanse á morte do seu pai. É un libro moi emocionante para todos xa que todos podemos poñernos na pel dos protagonistas.

ENGLISH ON YOU

O Departamento de Inglés está preparando unha actividade coas vosas camisetas como protagonistas... Mirade que chulada!


26/04/16

TRABALLIÑOS

Andan expostos polo instituto os traballos do alumnado de terceiro e cuarto sobre poesía visual con haikus e greguerías. Moito saben estes rapaces...


25/04/16

GRÂNDOLA, VILA MORENA



O 25 de abril de 1974, esta canción daba inicio á Revolución dos Cravos en Portugal, un levantamento militar pacífico que provocou a caída da ditadura de Salazar e restaurou a democracia en Portugal.