29/04/17

VISITA AO CPI DE BERGONDO!


Personaxes ilustres visitaron onte o CPI Cruz do Sar de Bergondo. Alumnado de 3º, caracterizado de Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Don Quijote e Hamlet, achegou información e diversión ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Foi unha xornada inesquecible!
Grazas ao profesorado colaborador do Cruz do Sar, a Ana pola organización e facilidades, e a este alumnado que se apunta a todo: Adrián, Iago, Irene e Nadia.
VISITA A BERGONDO on PhotoPeach

28/04/17

APADRIÑAMENTOS LECTORES


O alumnado voluntario de 4º de ESO volveu hoxe á aula de infantil de catro anos do CEIP O Mosteirón para a segunda xornada de apadriñamentos lectores. Mirade as cariñas e xulgade por vós mesmos...
APADRIÑAMENTOS 2 on PhotoPeach

23/04/17

DÍA DO LIBRO

Nesta semana tan especial, todo o alumnado do instituto fai actividades relacionadas co libro e a lectura: os de 1º participan no Fotolibro "Presume de ler e déixate ver", os de 2º analizan o mundo de Shakespeare e Cervantes mirando cos seus ollos, os de 3º visitan a libraría Moito Conto (e outra sorpresa que xa contaremos) e o alumnado voluntario de 4º volve a infantil cos apadriñamentos lectores.