O pasado venres 24 conmemoramos o 175 aniversario do nacemento da poeta máis representativa e querida da lingua e da literatura galegas: Rosalía de Castro.
A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente na nosa lingua, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.
Desde o século XIX, Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.
A galeguidade intrínsecados seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) anima a conmemorar este acontecemento agasallando un libro e unha flor.
Podedes ver aquí as actividades das Bibliotecas Escolares Galegas.
Podedes ver aquí as actividades das Bibliotecas Escolares Galegas.
Vía AELG