12/04/18

OUTRA DE ATRAPASOÑOS


Na sesión de hoxe, o libro escollido foi Pioneiras, escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz
Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

11/04/18

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe tivemos unha nova sesión de apadriñamento lector para os cativiños de Educación Infantil 4 anos. Unha xornada inesquecible!!

09/04/18

PARABÉNS, CAROLINA!!


A nosa querida exalumna Carolina Gómez Garrido, acadou o segundo posto na Olimpiada Galega de Economía que tivo lugar o pasado sábado en Ourense. Non podemos estar máis orgullosas dela. 

PARABÉNS, CAROLINA!!!