Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

23/01/18

RECITAL POÉTICO ALDAO+LADO


Que sorte para o alumnado de 3º e 4º!! Hoxe tivemos na Esperela dúas mulleres poderosas: Lucía Aldao e María Lado. Xa estiveran en Mosteirón hai algúns anos, e o éxito fora tal que estabamos desexando que volvesen. A visita non defraudou: cantaron, contaron e recitaron, e todo de marabilla!

ALDAO+LADO on PhotoPeach

Grazas, amigas!!!

17/11/17

ANTÍA OTERO VISITA A ESPERELA


Hoxe tivemos na Esperela, co alumnado de 4º de ESO, a poeta e editora Antía Otero. Durante dúas sesións impartiu un obradoiro no que, entre outras cousas, aprendemos a facer un videopoema sen cámaras. Grazas por vir, Antía!!

o cuarto das abellas from Antía Otero on Vimeo.

E OUTRO OBRADOIRO CON ANTÍA OTERO

O alumnado de 2º de ESO tamén tivo hoxe un obradoiro con Antía Otero: "Versos en pegatina". Adicamos un tempo a pensar no sentido e forma das palabras para así ser capaces de crear un verso e compartilo cos demais. Desta maneira deseñamos a nosa pegatina persoal. 
Grazas outra vez, Antía!
ANTÍA OTERO on PhotoPeach

08/05/16

A POESÍA VOA

Para completar a nosa acción poética, estes avións cargados de versos voan agora diante da porta da biblioteca. 



08/10/13

PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Manuel Álvarez Torneiro, primeiro autor en galego en recibir o Premio Nacional de Poesía pola obra "Os Ángulos da Brasa" na que o autor reflexiona sobre a cotidianeidade, as emocións  íntimas e os pensamentos existenciais, xogando coa dimensión simbólica da palabra.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. 
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932, desenvolveu a súa carreira como xornalista e, aínda que foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 50 na Coruña, iniciouse tardiamente na publicación de poesía co seu debut en 1982 con "Memoria dun Silencio".
Parabéns ao autor, moi pronto a obra premiada á vosa disposición na biblioteca.

24/03/13

SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA

Repaso rápido do que foron as actividades desenvolvidas durante esta semana intensa e chea de poemas.

Escoitando a voz dos poetas e compoñendo Sonetos

Semana da poesía. A Esperela on PhotoPeach

Recital na biblioteca e Recital multimedia de Yolanda Castaño:
Recitando poemas.  Recital Yolanda Castaño on PhotoPeach

Grazas por participar e gozar da poesía

13/12/12

RECITAMOS CELSO EMILIO

Na data máxica de onte, 12 do 12 as 12 e 12, recitamos xuntos e aquí podedes ver unhas fotos



Grazas por participar conxuntamente con outros centros  de Galicia

11/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO: 12 do 12 as 12 e 12


Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

A Esperela únese a esta iniciativa convidando a toda comunidade educativa a recitar o poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 do 12 as 12 e 12.

Dios ke te crew / garcia mc - deitado frente ao mar








Aquí podedes ver unha presentación sobre o autor e a súa obra.
Grazas a Biblioteca Arquivos do Trasno do IES Rafael Diste, A Coruña
Esperámosvos na biblioteca

26/04/12

WILLIAM SHAKESPEARE

Un 26 de abril, naceu o dramaturgo, actor e poeta inglés, William Shakespeareun dos máis grandes autores da literatura universal e clave no desenvolvemento das letras inglesas. O Día do Libro, 23 de abril, celébrase coincindo coa data da súa morte. As súas obras de teatro son consideradas auténticos clásicos atemporais e a súa influencia ao longo da historia da literatura é indiscutible.
Das obras de Shakespeare, habería que destacar case todos os seus títulos: Romeo e Xulieta, O rei Lear, Hamlet, Macbeth ou Xulio César, entre as traxedias, e O soño dunha noite de verán, O mercader de Venecia, A tempestade ou A fera domada, entre as comedias. Tamén habería que dedicar especial atención ás súas recreacións históricas, como Enrique VIII ou Ricardo III.
No campo da poesía, Shakespeare celebra o amor cos seus versos, destacando especialmente a súa serie de Sonetos.