26/11/11
24/11/11
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Brais Lestón Luces, 1º Bacharelato
El guardián de los dragones, Carole Wilkinson
O libro que recomendo é El guardián de los dragones, da autora Carole Wilkinson. Este libro foi galardonado co premio Urealis.
Fago esta recomendación porque me parece un libro estupendo, pois fala de como unha nena e un dragón recorren toda China, sorteándo toda clase de obstáculos, mesmo escapando dun cazador que quere a misteriosa pedra que transportan; neste libro fálasenos de temas como o medo ou a timidez pero tamén nos ensina como poder desfacernos de todos eses sentimentos negativos que unicamente bloquean as nosas ideas.
VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Mañá venres é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Recollemos o traballo do CEIP Víctor Sáenz, unha páxina chea de recursos e materiais para profesorado e alumnado contra a violencia de xénero. Preme aquí para acceder.
23/11/11
CRISPÍN D´OLOT EN MOSTEIRÓN !
Para conmemorar o nacemento de Afonso X no día de hoxe de 1221 e grazas aos Departamentos de Música e Lingua Castelá (coa colaboración da ANPA), hoxe tivemos no noso instituto o famoso Crispín D´Olot, un trobador e xograr que interpreta, declama e canta, acompañado de instrumentos musicais tradicionais, dando vida a unha coidada escolma de poesías e textos cultos e populares de forma nova, pracenteira e didáctica.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Este xograr do século XXI fíxose popular pola súa participación en feiras, concellos, institutos e programas de televisión, o máis recente Tú sí que vales.

Tivemos dúas representacións, unha para 1º ciclo e outra para 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
22/11/11
MOTIVOS PARA LER
O Ministerio de Educación organiza o III Congreso LEER.ES. Durante os días 25, 26 e 27 de novembro desenvolverase en Madrid un encontro entre profesionais da educación, das bibliotecas e representantes das Administracións Educativas, para debater sobre o tema: Motivos para ler, compromiso coa lectura.
A Esperela estará presente no congreso. Seguiremos informando.
21/11/11
GISBERT NA ESPERELA
Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron hoxe na Esperela da visita do escritor Joan Manuel Gisbert, autor das lecturas que fixeron este trimestre: Escenarios fantásticos e Cinco cuentos sobre Velázquez.
Falou de maxia, da súa paixón pola literatura, da fantasía... e tamén contestou a moitas preguntas e escoitou con atención relatos escritos polos nosos alumnos... Unha visita moi completa e divertida. GRAZAS!
Mirade as fotos que fixemos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)