27/04/18

CERVANTES E SHAKESPEARE VISITAN PRIMARIA


Por terceiro ano consecutivo e con motivo do Día do Libro, o alumnado de 3º de ESO participa nesta actividade de difusión da figura de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Nesta ocasión visitamos 5º de Primaria do CPI Mosteirón. Grazas a estes catro rapaces e rapazas tan motivados!!!

E grazas tamén ás profesoras de 5º, María e Oti, por apuntarse a todo!!!!!

26/04/18

ATRAPASOÑOS NA ESPERELA


No encontro de hoxe, a lectura foi Nado de home e muller, de Richard B. Matheson. Un relato estremecedor que mestura fantasía e terror e que non deixa indiferente...

VISITA DE AMADEO COBAS


Grazas ao Departamento de Lingua Galega, Amadeo Cobas estivo hoxe na Esperela falando co alumnado de 2º ESO do seu libro A cacería. Foi a súa lectura neste trimestre e tiñan moitas preguntas que facerlle. Resultou ben interesante escoitalo! Grazas por vir, Amadeo!!

MANIFESTO

24/04/18

OBRADOIRO DE DOBRAXE


O alumnado de 2º de ESO participou hoxe nun Obradoiro de Dobraxe na Casa da Cultura de Sada, grazas á iniciativa do Concello e coa colaboración da biblioteca A Esperela.
Aprendimos os fundamentos da dobraxe e fixemos unha curtametraxe baseada en "Crepúsculo". Foi moi divertido!!

IMG_3021 from Inés de Nieves Lamas on Vimeo.