16/05/18

AGASALLOS PARA AS LETRAS GALEGAS


Con motivo do Día das Letras Galegas, e para homenaxear a Mª Victoria Moreno, o equipo da Esperela leva días preparando un agasallo para alumnado e profesorado do instituto. A ver se vos gusta!
Sen a colaboración do alumnado voluntario non sería posible, son ben riquiños!!!


GRAZAS, VOLUNTARIAS/OS!!!

15/05/18

ADEUS A TOM WOLFE

Hoxe faleceu o xornalista e novelista estadounidense Tom Wolfe, autor, entre outras, da Fogueira das vaidades, coa que satirizou sobre os costumes da sociedade americana dos anos 80.