24/11/18

OBRADOIRO DE XORNALISMO NA ESPERELA


O alumnado de 4º contou este venres cun profesor de excepción, o xornalista Pablo Díaz, que entre outras moitas cousas, contou como os medios ofrecen a información sobre violencia machista.
GRAZAS, PABLO!!

23/11/18

CUARTA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS


Hoxe, as Atrapasoños pequenas falaron da violencia machista e leron uns versos de Carlos Negro pertencentes aos seus poemarios Penúltimas tendencias e Masculino singular.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.

19/11/18

XURXO SOUTO NA ESPERELA

Grazas ao Departamento de Lingua galega, Xurxo Souto visitou hoxe A Esperela e falou co alumnado de 3º da ESO de música, de historia e de cultura galega.


Deixou ben claro que somos un pobo de artistas!!