22/10/11
LEONARD COHEN RECOLLE O SEU PREMIO
O poeta e músico Leonard Cohen recolleu onte o seu premio Príncipe de Asturias de las Letras cun emotivo discurso que podedes ler aquí.
"A poesía ven dun lugar que ninguén controla, que ninguén conquista", dixo e reiterou a súa débeda coa poesía de Federico García Lorca, do que musicou este precioso "Pequeño Vals Vienés".
2012, ANO CELSO EMILIO FERREIRO
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros fundamentais para entender a literatura galega contemporánea.
Seguro que moitos coñecedes este poema, "Deitado frente ao mar", interpretado como rap polo grupo "Dios ke te crew".
Seguro que moitos coñecedes este poema, "Deitado frente ao mar", interpretado como rap polo grupo "Dios ke te crew".

20/10/11
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
El local é obra do autor italiano Gipi. O libro fala de catro adolescentes que buscan na música un lugar onde ser outra cousa ou aspirar a outra cousa, aínda que ao final a realidade acabará por impoñerse.
O libro divídese en cinco cancións e cada unha conta unha historia que relata os sentimentos dos personaxes.
Recomendo este libro especialmente á xente que estea interesada pola música ou polos cómics.
19/10/11
CHEGAN AS AVENTURAS DE TINTÍN!!
A esperada película "Las aventuras de Tintín: El secreto del Unicornio" chega aos nosos cines o 28 de outubro da man do director Steven Spielberg.
A película céntrase no misterio que oculta a maqueta dun barco que Tintín merca para regalar ao seu amigo Haddock; tras o insólito interese dunhas persoas por reproducir o navío, Tintín descobre que hai tres modelos similares, ocultos neles uns pergamiños que o transportarían ao tesouro do pirata Rackham o Vermello...
LEONARD COHEN
Leonard Cohen, premio Príncipe de Asturias de las Letras.
Leonard Cohen naceu en Montreal en 1934. Poeta, novelista e músico internacionalmente recoñecido, gravou dezasete álbumes e moitos discos de homenaxe, en diversas linguas, celebran as súas cancións. É autor tamén dunha ducia de libros. Os seus títulos máis recentes son os volumes de poemas Stranger Music e Book of Longing. Leonard Cohen é un referente da cultura dos nosos días.
No seguinte vídeo podedes velo na súa faceta de cantautor. A canción titúlase "Suzanne"
18/10/11
17/10/11
MANUEL RIVAS, PARABÉNS!
A Universidade de A Coruña (UDC) aprobou esta mañá conceder o grao de doutor honoris causa ao escritor Manuel Rivas. A UDC destacou o prolífica carreira de Rivas, un dos autores máis importantes en lingua galega. Entre as súas obras podemos destacar Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal e a súa última novela, Todo é silencio, que está a levar ao cine o director José Luis Cuerda.
Lembrades A lingua das bolboretas? Aquí tedes un anaco da versión cinematográfica (tamén de José Luis Cuerda).
MIGUEL DELIBES
Hoxe é o aniversario do nacemento do escritor Miguel Delibes Setién (Valladolid, 17 de outubro de 1920-12 de marzo 2010), unha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil. Levou infinidade de premios e recoñecementos e moitas das súas obras adaptáronse ao teatro e ao cine. Algúns dos seus títulos máis coñecidos son: El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), La hoja roja (1959), Las ratas (1962), Cinco horas con Mario (1966) ou El príncipe destronado (1973). Ésta última é lectura obrigatoria en 3º de ESO no 1º trimestre.
Aquí tedes un fragmento da versión cinematográfica de El camino, dirixida por Ana Mariscal.
16/10/11
O DINOSAURO
Coñecedes o conto do escritor hispanoamericano Augusto Monterroso?
Esta simple frase, un microrrelato cheo de sarcasmo que o lector debe interpretar, fixo célebre ao seu autor.
Esta simple frase, un microrrelato cheo de sarcasmo que o lector debe interpretar, fixo célebre ao seu autor.
"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí".
Neste vídeo, diferentes directores fan a súa "microinterpretación" do microrrelato...
Cal é a que máis vos gusta?
ÓSCAR WILDE
Óscar Wilde foi un escritor irlandés nado en Doublin o 16 de outubro de 1854, no seo dunha familia acomodada con bos fundamentos culturais.
Poeta, ensaísta, novelista e dramaturgo, estudou no Trinity College de Doublin e posteriormente na Universidade de Oxford, grazas a unha bolsa obtida polos seus brillantes traballos en latín e grego.
Poeta, ensaísta, novelista e dramaturgo, estudou no Trinity College de Doublin e posteriormente na Universidade de Oxford, grazas a unha bolsa obtida polos seus brillantes traballos en latín e grego.
Aos 24 anos obtivo o título de Bachelor of Arts con máximos honores. De alí en diante, xa instalado en Londres, publicou obras de gran fama, en poesía, novela, ensaio e teatro, como: Poemas (1881), A pantasma de Canterville (1887), O retrato de Dorian Gray (1891), O abano de Lady Windermere, (1892), Unha muller sen importancia (1893), A importancia de chamarse Ernesto (1895) y A balada do cárcere de Reading (1898).
El reflejo. Oscar Wilde
Cuando murió Narciso las flores de los campos quedaron desoladas y solicitaron al río gotas de agua para llorarlo.
-¡Oh! -les respondió el río- aun cuando todas mis gotas de agua se convirtieran en lágrimas, no tendría suficientes para llorar yo mismo a Narciso: yo lo amaba.
-¡Oh! -prosiguieron las flores de los campos- ¿cómo no ibas a amar a Narciso? Era hermoso.
-¿Era hermoso? -preguntó el río.
-¿Y quién mejor que tú para saberlo? -dijeron las flores-. Todos los días se inclinaba sobre tu ribazo, contemplaba en tus aguas su belleza...
-Si yo lo amaba -respondió el río- es porque, cuando se inclinaba sobre mí, veía yo en sus ojos el reflejo de mis aguas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)