21/12/10
19/12/10
PREMIO
O pasado venres 17 de decembro os alumnos de 1º ESO participarn no concurso "PASSWORD" organizado polo Concelo de Sada. Resultaron gañadores "Pablo Blas e Iván López", a súa participación deixou abraiados o resto de concursantes...PARABÉNS e a disfrutar do premio.
25/11/10
25 de NOVEMBRO: Non mais violencia contra as MULLERES
Seguindo co tema do día, podes entrar neste enlace para escoitar cancións sobre o tema. Ofrécennos esta selección dende o IES Luís Seoane, Biblioteca Iris
Dende Foz chega esta curta, paga a pena
Dende Foz chega esta curta, paga a pena
24/11/10
25 de NOVEMBRO: Non mais violencia contra as MULLERES
Neste dia de reflexión e cambio de actitudes compre pensar un pouco no que acontece o noso lado, como tratamos as mulleres, pero sobre todo: por qué?
Achegamos algúns enlaces para que nos axuden a berrar con forza:NON A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A ONU declarou no ano 1993 que a violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos. No ano 1999 declarou o día 25 de novembro "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres".
Música contra a violencia de xénero.
Campaña do Concello da Coruña, pincha no cartel

Recomendacións do Secretariado da Muller da CIG

22/11/10
CARNÉ da BIBLIOTECA
21/11/10
20 de novembro: ESTADO DO BEN ESTAR OU ESTADO DO BEN ESTÁ?
No dia internacional dos dereitos dos nenos e as nenas queremos pensar un pouco na situación real na que se encontran.
Mira os enlaces, podes atopar algunha sorpresa.
Podes mirar estes videos, forman parte dunha campaña de sensibilización sobre a situación da infancia no mundo.
QUERES COÑECER CALES SON OS TEUS DEREITOS ?, MIRA ESTA VERSIÓN DO DEBUXANTE QUINO, AUTOR DE MAFALDATamén podes coñecer meniños unha ong galega que traballa a favor da infancia
16/11/10
CESTALIBROS LIBRES
Como sabedes dende o 25 de outubro as cestalibros están presentes nas aulas. Todos os días lemos xuntos 15 minutos na materia que corresponda seguindo o calendario aprobado no claustro. Antes de chegar as aulas estiveron na biblioteca. Así quedaron.
Estamos esperando os vosos comentarios sobre os libros que estades a ler, COMPARTINDO LECTURAS, aprendemos mais. GRAZAS.
T. escribe sobre Miguel
T. G. (1º Bach) quere compartir con nos un texto sobre Miguel Hernández. Moitas grazas pola tua sensibilidade
Soñar o soñado, suspiros desvalixados , bocas morriñentas.. Probablemente os mesmos sentimentos xogando a esconderse na soberbia. Ensaríllanse os razoamentos, mestúranse as dúbidas e esquécese o amor. Dor, temor, sufrimento e por riba de todo…morte. Escuridade magoenta atravesando o túnel dos sentimentos esquecidos. A razón nin falta nin asiste. Repenica o corazón nas noites que comezan a quedarse curtas. A tristeza paséase por cada ollada e a esperanza establécese en ti.Un saúdo. T.
04/11/10
24/10/10
Empezamos
O dia 25 de outubro, e non sin bastante traballo, comenzamos no instituto unha nova experiencia: Hora de ler. Todos os dias leeremos xuntos nas clases 15 minutos, para disfrutar, experimentar e visitar mundos novos que nos axuden a medrar.
Esperamos que as vosas experiencias oas lecturas que escollades das cestas, da casa, da biblioteca,.. as compartades con todos nos neste espazo de cmunicación que tentaremos de xestionar dende a biblioteca.
Grazas por achegarnos a lectura con miradas abertas.
Esperamos que as vosas experiencias oas lecturas que escollades das cestas, da casa, da biblioteca,.. as compartades con todos nos neste espazo de cmunicación que tentaremos de xestionar dende a biblioteca.
Grazas por achegarnos a lectura con miradas abertas.
21/10/10
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)