21/12/18
20/12/18
O DERRADEIRO ATRAPASOÑOS DO 2018

A nosa lectura de hoxe foi "Lonxe", do libro de relatos de Fran Alonso Cartas de amor. Unha delicia!
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
19/12/18
CONTACONTOS
Hoxe tivemos no instituto unha actividade para todos os grupos (coa colaboración dos departamentos de Lingua galega, Inglés e A Esperela) de contacontos en inglés e galego coas narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Os contos falaban de bruxas, cabaleiros, o rei Artur... Moi divertido!!
18/12/18
17/12/18
14/12/18
OUTRA DE ATRAPASOÑOS
Neste sexto encontro, os Atrapasoños pequenos leron hoxe o relato de Rosa Aneiros titulado 7-X.
Tedes máis información no blog dos Atrapasoños.
12/12/18
11/12/18
10/12/18
08/12/18
JOHN LENNON
John Lennon, músico e compositor británico, foi asasinado na porta da súa casa de Nova York o 8 de decembro de 1980.
07/12/18
06/12/18
05/12/18
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
No Día Internacional do Voluntariado, nós seguimos a traballar co noso alumnado voluntario na Esperela...
03/12/18
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no noso centro queremos poñernos na pel das persoas con dificultades motóricas, auditivas ou visuais.
02/12/18
35 ANOS DE THRILLER
Thriller é un vídeo musical do artista Michael Jackson estreado o 2 de decembro de 1983. É considerado por moitos como o mellor vídeo da historia.
01/12/18
30/11/18
QUINTA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Nesta quinta sesión, o Atrapasoños dos maiores volveu estar dedicado a falar da violencia machista, con textos de Carlos Negro e da súa obra Masculino singular.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
29/11/18
27/11/18
25/11/18
DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro Masculino Singular. Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión.
24/11/18
23/11/18
CUARTA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Hoxe, as Atrapasoños pequenas falaron da violencia machista e leron uns versos de Carlos Negro pertencentes aos seus poemarios Penúltimas tendencias e Masculino singular.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
22/11/18
21/11/18
20/11/18
19/11/18
XURXO SOUTO NA ESPERELA
Grazas ao Departamento de Lingua galega, Xurxo Souto visitou hoxe A Esperela e falou co alumnado de 3º da ESO de música, de historia e de cultura galega.
18/11/18
16/11/18
TERCEIRA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

Na sesión de hoxe dos Atrapasoños, limos o relato de Philip K. Dick, Algunhas peculiaridades dos ollos, que presenta a posibilidade da existencia dos extraterrestres... Nós tivemos na mesa uns ollos moi inquietantes!
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
15/11/18
IDA VITALE, PREMIO CERVANTES 2018
A poeta Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser galardoada co Premio Cervantes 2018, considerado o Nobel da literatura en castelán. Vitale, cunha obra caracterizada polos poemas curtos, busca o sentido das palabras e é representante da poesía esencialista.

Invierno
Como las gotas en el vidrio,
como las gotas de la lluvia
en una tarde somnolienta,
exactamente iguales,
superficiales,
ávidas todas,
breves,
se hieren y se funden,
tan, tan breves
que no podrían dar cabida al miedo,
que el espanto no debiera hacer huella
en nosotros.
como las gotas de la lluvia
en una tarde somnolienta,
exactamente iguales,
superficiales,
ávidas todas,
breves,
se hieren y se funden,
tan, tan breves
que no podrían dar cabida al miedo,
que el espanto no debiera hacer huella
en nosotros.
Después, ya muertos, rodaremos,
redondos y olvidados.
redondos y olvidados.
14/11/18
13/11/18
12/11/18
10/11/18
09/11/18
SEGUNDA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
No Atrapasoños de hoxe, a lectura escollida foi Romper o porquiño, de Edgar Keret. Un texto para reflexionar sobre a diferenza entre valor e prezo.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
08/11/18
O PUÑO E A LETRA
Corenta poemas de Yolanda Castaño interpretados en viñetas por corenta dos nomes máis salientables da ilustración galega: David Rubín, Xulia Vicente, Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Cynthia Alonso, Xan López Domínguez, María Ferreiro, Kiko da Silva...
06/11/18
05/11/18
NAS TICS MANDAS TI
Hoxe desenvolveuse o obradoiro NAS TICS MANDAS TI, a cargo de persoal especializado e dirixido ao alumnado de 4º da ESO. O obradoiro aborda os tipos de violencia a través do uso das novas tecnoloxías e as habilidades do tratamento das mesmas: ciberbullyng, ciberviolencia de xénero, xesting...
Unha iniciativa da Deputación da Coruña e o Concello de Sada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)