24/06/19
21/06/19
19/06/19
LECTURAS DOS ATRAPASOÑOS
Aquí tedes todas as lecturas que os Atrapasoños fixemos neste curso. Esta actividade tan bonita non sería posible sen Belén, que traballa moito e moi ben, e sen vós, o alumnado participativo e disposto sempre a compartir tempo e historias. Grazas!!
17/06/19
FRANCO ZEFFIRELLI
O director de cine italiano Franco Zeffirelli faleceu este sábado en Roma aos 96 anos.

14/06/19
A ÚLTIMA DE ATRAPASOÑOS!!
Hoxe rematamos cos Atrapasoños deste curso. Tivemos unha sesión moi emotiva, con lecturas, vídeo, merendola e agasallos. Esta Belén moito vale!! Que bonito organizou o curso e como soubo crear grupo! Grazas, Belén, por ensinarnos tanto!

12/06/19
03/06/19
31/05/19
UNHA MÁIS DE ATRAPASOÑOS!!
Os Atrapasoños xúntanse outra vez, nesta ocasión cun relato de César Mallorquí, Rapaz omega. Unha historia de acoso e crueldade que nos fai reflexionar sobre as propias responsabilidades.
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños!
30/05/19
28/05/19
24/05/19
EDUARD PUNSET
O 22 deste mes finou o escritor e científico catalán Eduard Punset.
"Es imposible educar sin sentimiento. Cada uno de nosotros es una comunidad andante de células que ha entregado al cerebro las llaves de su comportamiento".
23/05/19
VOLVEMOS AO SÉCULO XVII
Hoxe, tres rapazas e un rapaz de 3º de ESO convertéronse en personaxes do século XVII e levaron o seu saber ao cole de primaria. Alí, a rapazada de 5º escoitou con atención e aprendeu algo máis de Cervantes, Shakespeare, Hamlet e Don Quijote.
Que sorte poder contar con este alumnado tan colaborador!! Moitas grazas!!
22/05/19
UN CAMPIÓN!!
O departamento de Educación Física e a biblioteca A Esperela trouxeron hoxe ao instituto a Martín Varela Dourado, un campión de tenis e de vida. Xogou e falou da súa experiencia co alumnado de 3º e 4º de ESO nunha visita difícil de esquecer.
Grazas, Martín!!


18/05/19
17/05/19
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o noso Día das Letras, na Esperela adoitamos facer un agasallo para o alumnado do instituto. Gustouvos o deste ano?
15/05/19
EDWARD HOPPER
Edward Hopper foi un pintor estadounidense, famoso polos seus retratos da soidade da vida americana contemporánea. Morreu o 15 de maio de 1967.
14/05/19
PIONEIRAS 2
O segundo volume de Pioneiras, galegas que abriron camiño, xa está na Esperela.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... Este segundo volume fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
13/05/19
10/05/19
09/05/19
MARÍA CANOSA NA ESPERELA!
A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares. Grazas, María!!
DÍA DE EUROPA

O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade do continente. A data coincide co aniversario da histórica declaración de Schuman.
07/05/19
STRANGER THINGS
Para os fans de Stranger Things temos na Esperela a guía oficial da serie, Mundos del revés, con material inédito e exclusivo para entender e descubrir os seus segredos mediante mapas e entrevistas cos actores.
05/05/19
03/05/19
02/05/19
01/05/19
26/04/19
UNHA NOVA DE ATRAPASOÑOS!
Na sesión de hoxe, os Atrapasoños lemos un relato de intriga de Roald Dahl, Cordeiro asado.
Xa sabedes que na Esperela temos moitos libros deste autor, cal é o voso favorito?
Máis información no blog dos Atrapasoños!
25/04/19
TEMOS "MOITO CONTO"!!!
Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!
24/04/19
23/04/19
15/04/19
PREMIO DA CRÍTICA EN NARRATIVA

Antón Lopo obtivo a distinción pola novela Extraordinario, na que aborda as relacións interpersoais e a liberdade individual.
12/04/19
IMOS AO TEATRO!
Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.
08/04/19
07/04/19
06/04/19
PREMIO DA CRÍTICA EN POESÍA

Vía: Sermosgaliza.com
05/04/19
ATRAPASOÑOS NO TREN!
O alumnado de 3º ESO marcha a Madrid, pero non perde a súa sesión de Atrapasoños e fai no tren esta lectura tan axeitada de Rafael Dieste: "O vello que quería ver o tren".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)