26/02/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Cynthia Yáñez Tizón, 1º ESO A
A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey

Unha nena de Nixeria chamada Amina múdase a Galicia. Un día chega ao seu colexio e coñece unha nena chamada Io, que nesta historia é a súa mellor amiga. Amina non entende o galego, por iso Io lle fai debuxos a Amina do que di a profesora para que o entenda.
Pero Io misteriosamente desaparece...
É un libro moi recomendable para todas as idades.

25/02/16

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de terceiro lembrou na Esperela a Rosalía de Castro no seu día, cunha actividade organizada por Belén.



23/02/16

ROTEIRO POLA TERRA CHÁ


Onte o alumnado de 4º ESO participou nun roteiro pola Terra Chá organizado polos departamentos de Lingua Galega e Plástica e Visual. Visitaron a Casa Museo de Manuel María, as Penas de Rodas e a Carballeira de Santa Isabel.
Este alumnado participa na realización dunha curtametraxe documental (dentro do proxecto "Cinema en curso") sobre a figura de Manuel María e os espazos máis importantes presentes na súa obra.
Parece que o pasaron ben…

22/02/16

LEMBRANDO A ANTONIO MACHADO


Un día coma hoxe de hai 77 anos, morría en Collioure (Francia) o poeta Antonio Machado. Figura destacada da Generación del 98 e autor intimista, simbolista e comprometido co seu tempo.
NESTE ENLACE podedes ver a actividade que preparou o alumnado de 4º para non esquecer esta data.
E no vídeo tedes o disco que lle dedicou Joan Manuel Serrat musicando algún dos seus poemas:

21/02/16

MORRE UMBERTO ECO


O escritor e filósofo italiano Umberto Eco, que sempre criticou a manipulación no xornalismo e a corrupción, morreu este venres aos 84 anos.
Foi autor de prestixio internacional e creador de obras inesquecibles como O péndulo de Foucault ou O nome da rosa, un éxito de ventas ambientado no século XIV.
Galardoado con numerosos premios, obtivo o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2000.

19/02/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Claudia Roel Gómez , 3º ESO
O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas


O corazón de Xúpiter conta a historia de Isla, unha rapaza de 17 anos que se muda a unha vila onde non coñece a ninguén e a través de internet fala con Xúpiter, unha persoa algo misteriosa á que coñecerá na noite de San Xoán…
É recomendable porque trata con naturalidade temas moi diversos, como a homosexualidade. Tamén o recomendo porque é un libro moi entretido co que te podes sentir identificado.

17/02/16

THE REVENANT

GONZALO RODRÍGUEZ SERRANO, 4º ESO


"EL RENACIDO" es una película dirigida por Alejandro González Iñárritu, con Leonardo DiCaprio como protagonista y Tom Hardy como antagonista. 
Es un western con temática de venganza en el cual destacan los planos paisajistas de los fríos bosques de las montañas americanas, las imprescindibles y magistrales interpretaciones de DiCaprio y Hardy y el factor sorpresa. 
Este largometraje, ambientado en la década de 1820, se centra en buscar la emoción del espectador mediante el sufrimiento del protagonista. Iñárritu, mediante el montaje, los planos, la banda sonora y demás factores del filme intenta adentrar al presente dentro de la película, además de que también busca la belleza a través del plano en varias ocasiones.
Entre los actores podemos destacar a DiCaprio, que interpreta a Hugh Glass, papel por el que le han nominado al Óscar y que yo creo, además, que se merece (supongo que ya va siendo hora de que le dejen de nominar tantas veces sin ganar nada). También tenemos a Tom Hardy, que interpreta a John Fizgerald, que aunque no se le reconozca como a DiCaprio también realizó un buen trabajo en la piel de este personaje.
Recomiendo este metraje a quien realmente tenga amor platónico por el cine y por los buenos actores. Si te gustan las sorpresas, los westerns y la lucha por la supervivencia, ya sabes qué película escoger.

RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS


Hoxe comezamos cunha nova sección de recomendacións no noso blogue: as recomendacións cinematográficas. Da man de alumnado interesado e coñecedor, saberemos máis das películas que eles propoñen... Estade atentos ás súas opinións!

12/02/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Emilio Tomé Romero, 3º ESO
Rebeldes, Susan Hinton

"Este libro es alucinante, realmente maravilloso, me ha gustado muchísimo, hay acción por un lado y tristeza por el otro. Para mí, fue como un libro comprado a voluntad, porque me lo recomiendan y no porque sea un libro del instituto".

05/02/16

CHEGOU O ENTROIDO!!

Un ano máis, a festa grande chegou ao noso insti. Mirade, mirade que ben o pasamos...
ENTROIDO 2016 on PhotoPeach

Entroido 2016 on PhotoPeach

E grazas aos ex-alumnos por visitarnos. Que ilusión nos fai sempre!

04/02/16

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, todos os grupos do IES subimos á Esperela para ler poesía, coñecer a historia de Sadako Sasaki e recordar a vida e morte de Gandhi.

DÍA DA PAZ on PhotoPeach


03/02/16

MÁIS APADRIÑAMENTOS LECTORES


O alumnado de cuarto volveu hoxe a Infantil, desta vez a catro anos, para contar contos aos máis pequenos. Unha experiencia moi enriquecedora para tod@s!

MÁIS CONTOS on PhotoPeach

30/01/16

DÍA DA PAZ EN DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Gandhiconmemórase o Día da Paz e da non violencia
Na Esperela lembramos á nena Sadako Sasaki e ás mil grúas para a Paz e fixemos a nosa particular versión: o alumnado pregou máis de 200 grúas para colgar do teito da biblioteca. Este é o resultado...

Grazas ao alumnado de terceiro, que traballou na casa, e ao de cuarto, que capitaneado por Lucas, dedicou moitos recreos na Esperela.

25/01/16

VIRGINIA WOOLF


Un 25 de xaneiro de 1882, naceu a novelista, ensaísta, escritora de cartas, editora, feminista e contista británica, considerada unha das máis salientables figuras do Modernismo literario do século XX: Virginia Woolf.

20/01/16

APADRIÑAMENTOS LECTORES


Hoxe comezamos cos apadriñamentos lectores coa rapazada de Educación Infantil do CEIP Mosteirón. 
A actividade foi un éxito. Volveremos!! 

APADRIÑAMENTOS on PhotoPeach
LECTORES on PhotoPeach