Hoxe morreu aos 57 anos Prince, todo un icono e unha das figuras clave da música popular do século XX.
21/04/16
20/04/16
GRAZAS, MARÍA MOLINER
Durante a II República, María Moliner traballou como bibliotecaria e foi membro das Misións Pedagóxicas. Nesta institución, convencida de que a cultura tiña que achegarse ao pobo, desenvolve unha rede de bibliotecas da que forman parte centos de centros.
Pero se agora seguimos tendo tan presente a María Moliner é por ser a autora do Diccionario de Uso del Español, máis coñecido como Diccionario María Moliner (durante máis de 15 anos traballou nel na súa casa) , publicación que cumpre neste mes de abril 50 anos.
19/04/16
18/04/16
ROSALIND FRANKLIN
Rosalind Franklin foi soterrada un día coma hoxe en 1958. Morreu moi nova, dun cancro de ovario causado seguramente porque traballaba sen protección con raios X, para fotografar moléculas. Iso mesmo serviu para que outros catro científicos gañasen dous premios Nobel aos que ela nin sequera puido aspirar.
Vía Materia.
17/04/16
DOUS ANOS SEN GARCÍA MÁRQUEZ
Dous anos pasaron xa da morte de Gabriel García Márquez, o novelista, guionista, editor e xornalista colombiano que en 1982 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
15/04/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Martín Galmán Méndez, 4º ESO
Neste libro, cóntasenos unha historia de amor nos anos da posguerra. O tío de Sara agocha moitas cousas deses anos, incluíndo cartas e fotografías del cunha rapaza, que son descubertas pola súa sobriña, que decide ler e contarlle á súa nai o que descubriu. As dúas deciden ir ao lugar onde se atopa unha misteriosa caixa...
Se queredes saber onde é o lugar e que hai na caixa, xa sabedes... Tócavos ler!
14/04/16
SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
O 14 de abril de 1931 proclámase a Segunda República Española, marcando un antes e un despois na nosa historia. Foi un periodo no que España estivo á cabeza de Europa en democracia, modernidade e políticas sociais, e sería derrotado pola Guerra Civil, iniciada a raíz do alzamento militar do 18 de xullo de 1936.
13/04/16
EDUARDO GALEANO
Coincidindo co primeiro aniversario do pasamento do escritor Eduardo Galeano, sae á venda a súa obra póstuma El cazador de historias. Neste libro, que rematou un ano antes de morrer, o autor sae de caza para amosarnos -con dureza, humor e tenrura- o mundo no que vivimos e certas realidades que non todos chegan a ver.
Galeano está considerado como un dos máis destacados autores da literatura latinoamericana. Os seus libros están traducidos a máis de vinte idiomas e combinan documental, ficción, xornalismo, análise política e historia.
12/04/16
11/04/16
LEMBRAMOS A PRIMO LEVI
Primo Levi foi un escritor italiano de orixe xudeu sefardí que morreu o 11 de abril de 1987. Este autor de libros de memorias, relatos, poemas e novelas, foi un resistente antifascista e vítima do Holocausto, do que da testemuña nas súas obras.
A súa obra Se isto é un home, na que relata o tempo que estivo preso no campo de Monowice, é considerada unha das máis importantes do século XX.
08/04/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Iria González Montes, 1º ESO B
Los amores lunáticos, Lorenzo Silva
Los amores lunáticos, Lorenzo Silva
Un neno chamado Pablo non cre no amor. Ao final do verán namórase dunha rapaza chamada Vanessa, e ao comezo das clases namórase tamén da súa profesora de literatura. Ningunha das dúas lle fai caso...
Recomendo este libro aos que lles gusten os temas de amor. A min gustoume!
05/04/16
MANUEL MARÍA, SEMPRE CON NÓS!!
O alumnado de 4PDC, capitaneado pola profe Belén, homenaxea a figura de Manuel María con distintas actividades. Esta é a última, mirade que ben quedou...
02/04/16
POESÍA ERES TÚ
Hoxe fixemos no instituto unha pequena homenaxe á poesía cunha acción poética en dous actos.
Na primeira parte creamos, limos e xogamos coa poesía na Esperela. Na segunda, construímos os nosos poemas-obxecto, uns avións de papel cheos de versos, que enviamos lonxe, dende as fiestras do instituto, para facer que a poesía voe e traspase as fronteiras.
GRAZAS, COMA SEMPRE, AO ALUMNADO COLABORADOR!!!
POESÍA on PhotoPeach
27/03/16
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
A nosa particular homenaxe ao teatro no seu día ven da man do alumnado de terceiro de ESO, nunha escolma de fragmentos de La zapatera prodigiosa, de Federico García Lorca. Mirade, mirade que arte teñen...
18/03/16
A NOSA PORTA!!
Foi un traballo en equipo no que participou alumnado de cuarto e de segundo (Thainá, Sofía, Lucas e Keaton) a partir dun debuxo de Noemí Villamuza.
Por dentro escribimos un texto de Agustín Fernández Paz sobre a importancia das bibliotecas.
Este é o resultado, que vos parece?
Moitísimas grazas ao alumnado colaborador,
sodes únicos!!!
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
María Ángel Cousillas Pena, 1º ESO A
Las brujas, Roald Dahl
Las brujas, Roald Dahl
Las brujas van a hacer una reunión y la abuela y su nieto van a impedir que se salgan con la suya...
Es un libro que aconsejo para los niños y niñas de 7 a 17 años, sobre todo para los que les gusten las aventuras y el misterio.
17/03/16
WALT WHITMAN
No dejes que termine el día sin haber crecido un poco,
sin haber sido feliz, sin haber aumentado tus sueños.
No te dejes vencer por el desaliento.
No permitas que nadie te quite el derecho a expresarte,
que es casi un deber.
No abandones las ansias de hacer de tu vida algo extraordinario.
No dejes de creer que las palabras y las poesías
sí pueden cambiar el mundo.
Pase lo que pase nuestra esencia está intacta.
Somos seres llenos de pasión.
La vida es desierto y oasis.
Nos derriba, nos lastima,
nos enseña,
nos convierte en protagonistas
de nuestra propia historia. (...)
sin haber sido feliz, sin haber aumentado tus sueños.
No te dejes vencer por el desaliento.
No permitas que nadie te quite el derecho a expresarte,
que es casi un deber.
No abandones las ansias de hacer de tu vida algo extraordinario.
No dejes de creer que las palabras y las poesías
sí pueden cambiar el mundo.
Pase lo que pase nuestra esencia está intacta.
Somos seres llenos de pasión.
La vida es desierto y oasis.
Nos derriba, nos lastima,
nos enseña,
nos convierte en protagonistas
de nuestra propia historia. (...)
16/03/16
MARUJA TORRES
Hoxe cumpre anos a escritora e xornalista catalana Maruja Torres, gañadora dos premios Planeta e Nadal é autora de libros como Mientras vivimos ou Esperadme en el cielo.
15/03/16
14/03/16
A GALA DOS PREMIOS ÓSCAR
GONZALO RODRÍGUEZ SERRANO, 4º ESO
La 88ª edición de los Premios Óscar, gala presentada por Chris Rock, estuvo muy entretenida; sin embargo, esto no significa que haya sido una de las mejores.
Chris Rock me sorprendió en su segunda asistencia como anfitrión, ya que destacó con su monólogo de presentación (a diferencia de demás anfitriones de galas anteriores él no compuso una canción).
En esta edición hubo premios merecidos, aunque los numerosos premios que recibió la película Mad Max eran innecesarios y gran parte inmerecidos. De todas formas, muchas otras películas y actores llevaron los premios que esperaban, como Leonardo DiCaprio, el cual ganó a mejor actor o como Alicia Vikander, a mejor actriz de reparto.
Espero ansioso a próximas ediciones que sean tan especiales como esta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



