O músico Bob Dylan foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2016 "por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción". É recoñecido como "un gran poeta na tradición da lingua inglesa, moi orixinal, que segue actuando e reiventándose a si mesmo, creando unha nova identidade".
13/10/16
MORRE DARIO FO
Día triste para a cultura: morreu Dario Fo, dramaturgo, actor e activista social, gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1997.
11/10/16
LEMBRAMOS A AGUSTÍN
Neste mes de xullo, Agustín Fernández Paz, o autor máis prolífico (máis de 50 títulos) e máis premiado das nosas letras, morría en Vigo aos 69 anos. Era tamén un referente cultural e humano que destacou polo seu compromiso coa lingua galega.
No ano 2008 visitou a Esperela, deixando unha pegada inesquecible. Hoxe nós queremos lembralo e amosar así a nosa gratitude.
05/10/16
DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES
En 1994 a Unesco proclamou o Día Mundial dos Docentes. Neste día homenaxeamos aos docentes e o seu papel esencial nunha educación de calidade.
01/10/16
20/09/16
15/09/16
30/06/16
22/06/16
21/06/16
18/06/16
JOSÉ SARAMAGO
Hoxe cúmprense seis anos do pasamento de José Saramago, Premio Nobel de Literatura en 1998. Cando recolleu este premio, falou do seu avó, analfabeto pero sabio. Na súa vontade de facer do mundo un lugar mellor, falou tamén da necesidade de marcar uns deberes éticos ao ser humano. Uns deberes e obrigas que agora toman forma nunha carta redactada por un grupo de traballo da Universidade Autónoma de México.
16/06/16
"NO RÍO DOS VERSOS"
Hoxe asistimos, na capela de San Roque, á presentación da curtametraxe "No río dos versos", realizada polo alumnado de cuarto de ESO, dentro do proxecto "Cinema en curso" que coordina o CGAI xunto cos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica e Visual. A curta xira ao redor dos versos do poeta Manuel María.
Non puido ser máis emotiva! Parabéns, rapazada! Parabéns, profes!
14/06/16
LEMBRANDO A BORGES
Jorge Luis Borges morreu o 14 de xuño de 1986 en Suiza. É un dos escritores máis importantes do século XX, non só en Arxentina, o seu país de orixe, senón mundialmente. A súa obra inclúe contos, ensaios e poemas.
13/06/16
PRESAS FÁCILES
Xa tedes na Esperela Presas fáciles, o último libro de Miguelanxo Prado. Unha historia de vinganza que xira en torno a dous temas: a corrupción e os desafiuzamentos.
08/06/16
06/06/16
CANTÁCHEDES, CASTÁSTEDES OU CANTASTES?
En vista das moitas dúbidas que hai con esta forma verbal, preguntamos á académica Rosario Álvarez (por non preguntarlle sempre a Belén...)
05/06/16
NACEMENTO DE FEDERICO GARCÍA LORCA
O cinco de xuño de 1898 nacía Federico García Lorca, poeta, dramaturgo e prosista granadino, adscrito á Xeración do 27. É o poeta de máis importancia e popularidade da literatura española do século XX. Morreu fusilado tras o golpe de Estado que deu orixe á Guerra Civil Española.
01/06/16
LUIS ROSALES
O 31 de maio de 1910 nacía en Granada o poeta da Xeración do 36 Luis Rosales. A súa obra, que abrangue todo o periodo histórico da posguerra, foi evolucinando dende o clasicismo ata un estilo próximo ao vangardismo surrealista. Estas dúas etapas fúndense na súa obra La casa encendida.
Autobiografía
Como el náufrago metódico que contase las olas que le
bastan para morir;
y las contase, y las volviese a contar, para evitar errores,
hasta la última,
hasta aquella que tiene la estatura de un niño y le cubre
la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia de caballo de cartón
en el baño,
sabiendo que jamás me he equivocado en nada,
sino en las cosas que yo más quería.
30/05/16
CONSELLOS PARA OS VOSOS EXAMES
Nestas semanas complicadas que nos esperan, non veñen mal estas dez claves que nos propón A profa...
29/05/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Sofía Vázquez
Aya deYopougon, MargueriteAbouet/Clément Oubrerie
Aya de Yopougon nos muestra la vida en un pueblo africano de un
modo distinto, pues nos deja ver que no todo es pobreza y sufrimiento y que los
problemas cotidianos también están presentes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










