13/01/17

RECOMENDACIÓNS PARA A FINDE

Nesta fin de semana tedes moitas posibilidades, cal escolledes?

Na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada: Laia, aprendiz de maga, un espectáculo de teatro infantil da compañía Animar-T. Unha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo se pode conseguir aquilo que realmente desexamos. 

No Fórum Metropolitano da Coruña tedes este sábado a VII Gala de Maxia Solidaria "Terra de Maxia", un espectáculo de ilusionismo en beneficio de la Fundación Terra de Homes


No pazo da cultura de Narón, SÉS presenta o seu novo disco. Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza.

Cine: Animales fantásticos y dónde encontrarlos, de David Yates. Nesta película, Newt Scamander, o preeminente maxizoólogo do mundo da maxia, chega á cidade de New York despois de ter viaxado por todo o mundo buscando e documentando as distintas criaturas máxicas.




E, por suposto, os museos científicos coruñeses:

08/01/17

PREMIO NADAL


A autora (novela, conto e poesía) e crítica catalana Care Santos obtén a 73 edición do Premio Nadal pola súa novela Media vida, na que conta a historia de cinco mulleres que, despois de trinta anos sen verse, se reencontran... Un relato sobre o paso do tempo, a culpa e o perdón.

19/12/16

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Estas son as nosas recomendacións para estes días de vacacións. Hainas para todos os gustos e idades, non as perdades!

12/12/16

A ESTRELA DA ESPERELA


Non foi doado decidir, pero por fin temos estrela na nosa árbore de Nadal. A autora é Nuria Aguiar, de primeiro de ESO A. 
Parabéns para ela!!


Neste Nadal, agasallo cultural!!!

08/12/16

GEORGES MÉLIÈS

O 8 de decembro de 1861, nace Georges Méliès, ilusionista, director e produtor de cine francés. 
Asiste á estrea das primeiras películas dos irmáns Lumière, inventores do cinematógrafo, e convencido das posibilidades de futuro do invento, merca unha cámara cinematográfica e constrúe uns estudos nos arredores de París, volcándose na dirección e produción de películas. Entre 1899 e 1912 realiza preto de catrocentos filmes.


Nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, podedes visitar de forma gratuíta a exposición "Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900".

30/11/16

PREMIO CERVANTES 2016


Hoxe foi anunciado o nome do Premio Cervantes 2016: Eduardo Mendoza. Este premio, considerado o máis importante das letras hispanas, quere recoñecer que Mendoza "inaugurase unha nova etapa na narrativa española", devolvendo ao lector "o goce polo relato" cunha lingua literaria "chea de sutilezas e ironía".
Na Esperela podedes encontrar algúns dos seus libros!

23/11/16

O PAPAGAIO


Nace "O Papagaio", un xornal en papel orientado a lectores de Educación Primaria e Secundaria, escrito integramente en galego e a toda cor. Son doce páxinas con seccións dedicadas á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración ou banda deseñada.
Teredes dous números desta publicación todos os meses na Esperela!!

22/11/16

OBRADOIRO NA ESPERELA

Hoxe tivemos na Esperela un novo Obradoiro, nesta ocasión para segundo de ESO. Da man da poeta Dores Tembrás coñecimos o que hai de emoción no grafiti: reflexionamos sobre o que é a poesía, o valor das "pintadas" e buscamos a nosa palabra fundamental e toda a súa constelación. Foi moi interesante porque axudou a mirar con ollos diferentes, dentro e fóra de nós...
Moitas grazas, Dores!!

POESÍA E GRAFITI on PhotoPeach

Lembrade o que vos contou de Acción Poética...

14/11/16

OBRADOIRO NA ESPERELA


Que tarde tan divertida tivemos hoxe na Esperela. Veu Xosé Tomás a ofrecernos un Obradoiro de Ilustración e banda deseñada: as súas orixes, os seus códigos, as personaxes e o guión, alternando as explicacións coas prácticas, tanto de XTomás como do alumnado. Foi moi moi interesante!!
OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS on PhotoPeach
Grazas por vir, Xosé Tomás!!

11/11/16

E ADEUS, LEONARD COHEN


Morreu tamén o poeta e cantautor canadiense Leonard Cohen. Figura imprescindible entre os artistas xurdidos nos anos 60, Cohen estivo en activo durante toda a súa vida, combinando música e poesía, pois a literatura foi a súa gran paixón. Deixa dez poemarios e dúas novelas.
En 2011 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras e foi candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións.
Que a súa música fale por el nesta interpretación do poema de Federico García Lorca:

ADEUS, FRANCISCO NIEVA

Onte morreu Francisco Nieva, dramaturgo, director de escena (ópera, zarzuela e ballet), narrador, ensaísta e debuxante. Tiña 92 anos e foi un neno precoz que xa na infancia escribía relatos e breves pezas teatrais. 
En 1990 ingresa na Real Academia Española, na letra J. A súa produción teatral levoulle a gañar dúas veces o Premio Nacional de Teatro e tamén o Premio Nacional de Literatura. No ano 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras pola súa obra literaria en xeral.

08/11/16

XOSÉ TOMÁS NA ESPERELA

O vindeiro luns, 14 de novembro, o ilustrador e profesor Xosé Tomás impartirá na Esperela un Obradoiro de Ilustración para o alumnado de terceiro de ESO... Menuda sorte!!

05/11/16

PORTAS ABERTAS NOS MUSEOS CIENTÍFICOS


A entrada dos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta desde o vindeiro luns 7 ata o domingo 13 co gallo da celebración da Semana da Ciencia
Aproveitade estes sete días para visitalos!!

01/11/16

MIGUEL HERNÁNDEZ

O poeta Miguel Hernández naceu en Orihuela un 30 de outubro de 1910 e morreu con tan só 31 anos nun cárcere franquista.


Tedes AQUÍ unha selección dos seus poemas.