02/04/17

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, axudemos todos a cambiar as actitudes cara as persoas con autismo e a recoñecer os seus dereitos como cidadáns, que, ao igual que todos os demais, ten dereito a reivindicar eses dereitos a tomar decisións sobre a súa vida de acordo aos seus propios 
desexos e preferencias.»
Mensaxe do Secretario Xeral de Nacións Unidas, 
António Guterres, con motivo do 
2 de abril de 2017

01/04/17

MOSTEIRÓN NA RADIO

O proxecto de cine desenvolvido polos departamentos de Plástica e Visual e de Lingua Galega non deixa de dar alegrías. Escoitade a entrevista que emitiron está mañana na radio... (a partir do minuto 17:45)

28/03/17

HAI 75 ANOS...

O 28 de marzo de 1942, de mañanciña, morreu o poeta Miguel Hernández no "Reformatorio de Adultos de Alicante". O autor de 'El rayo que no cesa' pasou por ata trece presidios antes de morrer no de Alicante como consecuencia dunha tuberculose non tratada. Tiña 31 anos.

26/03/17

MOSTEIRÓN EN "EL PAÍS"


En "El País" deste domingo tedes unha reportaxe  sobre a actividade de cine que se está a desenvolver no noso IES, onde os rapaces visionan e reflexionan sobre o "cine de autor".
Parabéns a rapaces e profesoras!!

21/03/17

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Na Esperela quixemos unir tres datas importantes (o Día de Rosalía de Castro, o Día da Muller e o Día Mundial da Poesía) e facer unha exposición de mulleres poetas no primeiro andar do instituto. Penduradas do teito tedes as súas imaxes e na árbore da fiestra están os seus versos.
Feliz celebración!!

08/03/17

ELAS. POESÍA DE MULLER

POESÍA DE MULLER on PhotoPeach

Neste 8 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, tivemos na Esperela a Dores Tembrás, que veu impartir un obradoiro de poesía e muller, "Elas. Poesía de muller", para o alumnado de cuarto de ESO.
Moitas grazas a Dores pola súa sensibilidade!
Grazas, rapazada, polo voso interese e participación!

07/03/17

06/03/17

O DICIONARIO DE MARÍA MOLINER


María Moliner (1900-1981) escribiu soa e a lapis un dicionario dúas veces máis longo que o DRAE, o Diccionario de uso del español.
Fíxoo nos anos seguintes á depuración á que a someteu o franquismo. En plena posguerra, a filóloga e lexicógrafa aragonesa comezou a traballar no seu dicionario. Comezou exactamente no ano 1952: "Estando yo solita en casa, una tarde cogí un lápiz, una cuartilla y empecé a esbozar un diccionario que yo proyectaba breve, unos seis meses de trabajo, y la cosa se ha convertido en quince años".
Neste mes cúmprense 50 anos da súa primeira edición.

05/03/17

LEOPOLDO MARÍA PANERO


Leopoldo María Panero (morto o 5 de marzo de 2014) foi un poeta español, pertencente ao grupo dos Novísimos.
A súa produción, culturalista e heterodoxa, ofrece unha complexa visión do mundo, condicionada polos seus problemas mentais e a súa experiencia en centros psiquiátricos.

26/02/17

180 ANOS CON ROSALÍA


A celebración do Entroido non impide que lembremos a Rosalía de Castro no seu día, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento. 
A Esperela e o Departamento de Galego están facendo presente á poeta en todos os recantos do instituto. Mirade...
ROSALÍA DE CASTRO on PhotoPeach

24/02/17

ENTROIDO 2017


Aquí tedes algunas imaxes da festa de Entroido que tivemos hoxe no Mosteirón. Coma sempre, moi divertida, con comparsas moi elaboradas. 

ENTROIDO 2017 on PhotoPeach
E as visitas, inmellorables!!!

23/02/17

GUTENBERG E A IMPRENTA

O 23 de febreiro de 1455, Johannes Gutenberg imprime en Mainz a Biblia, feito clave na historia da cultura occidental. A edición non superou os 180 exemplares e Gutenberg non puido devolver o diñeiro que pedira prestado para a súa impresión, o que o levou a un pleito e á ruína.


22/02/17

BIBLIOTECA RIALEDA


O alumnado de primeiro visitou hoxe a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Foi unha actividade moi completa: historia e distribución do edificio e os xardíns, funcionamento, fondos, catalogación e unha sesión de contacontos con Ramiro Neira.
Pasámolo moi ben! 
RIALEDA on PhotoPeach

Grazas á biblioteca e a Ramiro!!

21/02/17

BENVIDA, ANDREA MACEIRAS!!


Hoxe A Esperela estivo de festa. Veu de visita Andrea Maceiras, a autora de Europa Express, para falar co alumnado de cuarto, que rematou estes días o seu libro. 
A verdade é que dá gusto contar con autoras como Andrea, que coa súa visita regalan unha oportunidade única para achegar os rapaces á literatura e compartir experiencias, lecturas e opinións. 
O alumnado quedou moi contento. As profesoras, máis. 
Grazas, Andrea!!

FALAMOS CON ANDREA MACEIRAS on PhotoPeach