Nesta semana tan especial, todo o alumnado do instituto fai actividades relacionadas co libro e a lectura: os de 1º participan no Fotolibro "Presume de ler e déixate ver", os de 2º analizan o mundo de Shakespeare e Cervantes mirando cos seus ollos, os de 3º visitan a libraría Moito Conto (e outra sorpresa que xa contaremos) e o alumnado voluntario de 4º volve a infantil cos apadriñamentos lectores.
23/04/17
22/04/17
MOITO CONTO!!
Anticipándonos ao Día do Libro, hoxe visitamos "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas de 3º de ESO gozasen da visita a unha libraría e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os libros que eles queren para a biblioteca.
A experiencia resultou un éxito: mercamos 36 libros moi variados: filosofía, sicoloxía, chistes, fantasía, biografías, terror, cómics, romanticismo... Todos marchamos moi contentos e con ganas de ler os nosos libros. Esta semana rexistrámolos e xa os podedes levar para casa!!
MOITO CONTO on PhotoPeach
Grazas ás libreiras de Moito Conto
pola paciencia e os bos consellos!!!
20/04/17
EDUARDO MENDOZA, PREMIO CERVANTES 2016
Eduardo Mendoza ven de recibir hoxe o Premio Cervantes 2016, o premio das letras máis importante da lingua española.
O escritor, con quince novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios, é o autor de Sin noticias de Gurb, lectura no segundo trimestre en 4º de ESO.
Mendoza lembrou hoxe a importancia que para el tiveron as sucesivas lecturas que fixo do Quijote e como Cervantes determinou a súa vocación.
19/04/17
POESÍA EN TERCEIRO DE ESO
O alumnado de 3º de ESO anda a traballar a poesía visual e o haiku. Todo isto publicouse recollido nun fanzine que lles quedou ben bonito...
POESÍA on PhotoPeach
17/04/17
NOVIDADES
En vista do éxito de La lección de August, xa tedes na Esperela as continuacións da colección Wonder. Veña, que voan...
06/04/17
02/04/17
DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, axudemos todos a cambiar as actitudes cara as persoas con autismo e a recoñecer os seus dereitos como cidadáns, que, ao igual que todos os demais, teñen dereito a reivindicar eses dereitos e a tomar decisións sobre a súa vida de acordo aos seus propios
desexos e preferencias.»
Mensaxe do Secretario Xeral de Nacións Unidas,
António Guterres, con motivo do
2 de abril de 2017
01/04/17
MOSTEIRÓN NA RADIO
O proxecto de cine desenvolvido polos departamentos de Plástica e Visual e de Lingua Galega non deixa de dar alegrías. Escoitade a entrevista que emitiron está mañana na radio... (a partir do minuto 17:45)
28/03/17
HAI 75 ANOS...
O 28 de marzo de 1942, de mañanciña, morreu o poeta Miguel Hernández no "Reformatorio de Adultos de Alicante". O autor de 'El rayo que no cesa' pasou por ata trece presidios antes de morrer no de Alicante como consecuencia dunha tuberculose non tratada. Tiña 31 anos.
27/03/17
26/03/17
MOSTEIRÓN EN "EL PAÍS"
En "El País" deste domingo tedes unha reportaxe sobre a actividade de cine que se está a desenvolver no noso IES, onde os rapaces visionan e reflexionan sobre o "cine de autor".
Parabéns a rapaces e profesoras!!
21/03/17
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Na Esperela quixemos unir tres datas importantes (o Día de Rosalía de Castro, o Día da Muller e o Día Mundial da Poesía) e facer unha exposición de mulleres poetas no primeiro andar do instituto. Penduradas do teito tedes as súas imaxes e na árbore da fiestra están os seus versos.
Feliz celebración!!
14/03/17
10/03/17
08/03/17
ELAS. POESÍA DE MULLER
POESÍA DE MULLER on PhotoPeach
Neste 8 de marzo, para conmemorar o Día da Muller, tivemos na Esperela a Dores Tembrás, que veu impartir un obradoiro de poesía e muller, "Elas. Poesía de muller", para o alumnado de cuarto de ESO.
Moitas grazas a Dores pola súa sensibilidade!
Grazas, rapazada, polo voso interese e participación!
07/03/17
CENTENARIO DA MORTE DE EDUARDO PONDAL
O 8 de marzo de 1917 morreu Eduardo Pondal, autor do poema "Os pinos", do que sairía despois o himno galego. Aquí vos quedan algunhas explicacións interesantes sobre o himno.
06/03/17
O DICIONARIO DE MARÍA MOLINER
María Moliner (1900-1981) escribiu soa e a lapis un dicionario dúas veces máis longo que o DRAE, o Diccionario de uso del español.
Fíxoo nos anos seguintes á depuración á que a someteu o franquismo. En plena posguerra, a filóloga e lexicógrafa aragonesa comezou a traballar no seu dicionario. Comezou exactamente no ano 1952: "Estando yo solita en casa, una tarde cogí un lápiz, una cuartilla y empecé a esbozar un diccionario que yo proyectaba breve, unos seis meses de trabajo, y la cosa se ha convertido en quince años".
05/03/17
LEOPOLDO MARÍA PANERO
Leopoldo María Panero (morto o 5 de marzo de 2014) foi un poeta español, pertencente ao grupo dos Novísimos.
A súa produción, culturalista e heterodoxa, ofrece unha complexa visión do mundo, condicionada polos seus problemas mentais e a súa experiencia en centros psiquiátricos.
28/02/17
26/02/17
180 ANOS CON ROSALÍA
A Esperela e o Departamento de Galego están facendo presente á poeta en todos os recantos do instituto. Mirade...
ROSALÍA DE CASTRO on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






