11/05/17

CAMILO JOSÉ CELA


O novelista, xornalista, ensaísta, editor e académico Camilo José Cela naceu en Padrón o 11 de maio de 1916. Resultou galardoado co Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1987, o Premio Nobel de Literatura en 1989 e o Premio Cervantes en 1995.
Na Esperela tedes varias novelas súas... Animádevos!!

09/05/17

UNA SERIE DE CATASTRÓFICAS DESDICHAS


Querido lector,
Siento decirte que el libro que tienes en las manos es extremadamente desagradable: cuenta la triste historia de tres niños con muy mala suerte.
Los hermanos Baudelaire llevan una vida repleta de desgracias e infortunios. Vaya, que son un imán para las catástrofes. Sólo en este librito, se enfrentan a un malvado codicioso y repulsivo, sobreviven a un incendio terrible, a un complot para despojarlos de su fortuna y se ven obligados a llevar ropa que pica.
Yo tengo la triste obligación de escribir estos desagradables acontecimientos, pero a ti nada te impide cerrar inmediatamente este libro y leer algo más alegre, si eso es lo que prefieres.
Con todo mi respeto,

05/05/17

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Nuria Aguiar Rodríguez

Esta saga de libros siempre trata de lo mismo: una adolescente que tiene muchas aventuras reales. Con todo, este es muy distinto, ya que en esta ocasión la aventura es fantástica. A la protagonista, en una clase de lengua, su profesora les trae un libro de cuentos, se los lee y después les manda que ellos hagan un cuento. Tras esa clase, Nikki va a Educación Física, donde le dan un balonazo que la lleva a un mundo mágico lleno de aventuras. Ella no entiende cómo llega allí, pero lucha para salir de ese lugar. El libro parece El Mago de Oz al principio, pero a medida que vas avanzando, se cambia de cuento: Cenicienta, Ricitos de Oro…
Me gusta porque es muy distinto a los demás. No me suele gustar lo fantástico, pero este, aunque es fantástico, no se sale de las aventuras de Nikki.

29/04/17

VISITA AO CPI DE BERGONDO!


Personaxes ilustres visitaron onte o CPI Cruz do Sar de Bergondo. Alumnado de 3º, caracterizado de Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Don Quijote e Hamlet, achegou información e diversión ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Foi unha xornada inesquecible!
Grazas ao profesorado colaborador do Cruz do Sar, a Ana pola organización e facilidades, e a este alumnado que se apunta a todo: Adrián, Iago, Irene e Nadia.
VISITA A BERGONDO on PhotoPeach

28/04/17

APADRIÑAMENTOS LECTORES


O alumnado voluntario de 4º de ESO volveu hoxe á aula de infantil de catro anos do CEIP O Mosteirón para a segunda xornada de apadriñamentos lectores. Mirade as cariñas e xulgade por vós mesmos...
APADRIÑAMENTOS 2 on PhotoPeach

23/04/17

DÍA DO LIBRO

Nesta semana tan especial, todo o alumnado do instituto fai actividades relacionadas co libro e a lectura: os de 1º participan no Fotolibro "Presume de ler e déixate ver", os de 2º analizan o mundo de Shakespeare e Cervantes mirando cos seus ollos, os de 3º visitan a libraría Moito Conto (e outra sorpresa que xa contaremos) e o alumnado voluntario de 4º volve a infantil cos apadriñamentos lectores.




22/04/17

MOITO CONTO!!


Anticipándonos ao Día do Libro, hoxe visitamos "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas de 3º de ESO gozasen da visita a unha libraría e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os libros que eles queren para a biblioteca. 
A experiencia resultou un éxito: mercamos 36 libros moi variados: filosofía, sicoloxía, chistes, fantasía, biografías, terror, cómics, romanticismo... Todos marchamos moi contentos e con ganas de ler os nosos libros. Esta semana rexistrámolos e xa os podedes levar para casa!!
MOITO CONTO on PhotoPeach
Grazas ás libreiras de Moito Conto 
pola paciencia e os bos consellos!!!

20/04/17

EDUARDO MENDOZA, PREMIO CERVANTES 2016


Eduardo Mendoza ven de recibir hoxe o Premio Cervantes 2016, o premio das letras máis importante da lingua española.
O escritor, con quince novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios, é o autor de Sin noticias de Gurb, lectura no segundo trimestre en 4º de ESO.
Mendoza lembrou hoxe a importancia que para el tiveron as sucesivas lecturas que fixo do Quijote e como Cervantes determinou a súa vocación.

19/04/17

POESÍA EN TERCEIRO DE ESO

O alumnado de 3º de ESO anda a traballar a poesía visual e o haiku. Todo isto publicouse recollido nun fanzine que lles quedou ben bonito...
POESÍA on PhotoPeach

17/04/17

NOVIDADES

En vista do éxito de La lección de August, xa tedes na Esperela as continuacións da colección Wonder. Veña, que voan...

02/04/17

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, axudemos todos a cambiar as actitudes cara as persoas con autismo e a recoñecer os seus dereitos como cidadáns, que, ao igual que todos os demais, teñen dereito a reivindicar eses dereitos e a tomar decisións sobre a súa vida de acordo aos seus propios 
desexos e preferencias.»
Mensaxe do Secretario Xeral de Nacións Unidas, 
António Guterres, con motivo do 
2 de abril de 2017

01/04/17

MOSTEIRÓN NA RADIO

O proxecto de cine desenvolvido polos departamentos de Plástica e Visual e de Lingua Galega non deixa de dar alegrías. Escoitade a entrevista que emitiron está mañana na radio... (a partir do minuto 17:45)

28/03/17

HAI 75 ANOS...

O 28 de marzo de 1942, de mañanciña, morreu o poeta Miguel Hernández no "Reformatorio de Adultos de Alicante". O autor de 'El rayo que no cesa' pasou por ata trece presidios antes de morrer no de Alicante como consecuencia dunha tuberculose non tratada. Tiña 31 anos.

26/03/17

MOSTEIRÓN EN "EL PAÍS"


En "El País" deste domingo tedes unha reportaxe  sobre a actividade de cine que se está a desenvolver no noso IES, onde os rapaces visionan e reflexionan sobre o "cine de autor".
Parabéns a rapaces e profesoras!!

21/03/17

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Na Esperela quixemos unir tres datas importantes (o Día de Rosalía de Castro, o Día da Muller e o Día Mundial da Poesía) e facer unha exposición de mulleres poetas no primeiro andar do instituto. Penduradas do teito tedes as súas imaxes e na árbore da fiestra están os seus versos.
Feliz celebración!!