06/06/17

NOVIDADES


27 páxinas ilustradas homenaxean os 27 anos que Nelson Mandela estivo preso. Un caderno final reúne os documentos que narran a súa vida.
Xa o tedes na Esperela!!

05/06/17

LEMBRANDO A FEDERICO


Hai hoxe 119 anos nacía Federico García Lorca. 
Adscrito á Xeración do 27, foi o poeta de máis grande influenza e popularidade da literatura española do século XX e como dramaturgo se lle considera unha das cimas do teatro español.
Morreu asasinado un mes despois de comezada a Guerra Civil.

04/06/17

ADEUS A JUAN GOYTISOLO


O escritor Juan Goytisolo morreu hoxe aos 86 anos en Marrakech, onde vivía dende hai vinte anos. 
Autor dunha extensa e variada obra narrativa e ensaística, prohibida en España pola censura franquista, cultivou xéneros como a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias. Goytisolo era,  ademais, un intelectual infuínte, colaborador habitual en prensa e crítico implacable do mundo contemporáneo.
No ano 2014 obtivo o Premio Cervantes e no acto de recollida do galardón dedicou o seu discurso aos habitantes da medina de Marrakech, os seus veciños.

02/06/17

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Laura Pampín Sanabria

Este es un libro de comedia. Dentro de él, ocho historias te hacen reír, como por ejemplo la de un niño que cuando habla siempre dice “ sen camisa”. Tiene un perro al que le gusta excavar y se mudan al cementerio, donde va encontrando huesos con el niño y esos huesos forman el esqueleto de su tatarabuelo. También cuenta una historia sobre una caja voladora, un esqueleto en un retrete, de una crema de vaca, de un blues del faro, de unos calzones mágicos...
Es un libro muy divertido y gracioso, engancha mucho y lo recomiendo a la gente.

01/06/17

¡SONRÍE!


Aos doce anos, Raina quere ser unha rapaza normal, igual ás súas compañeiras, pero tras romper os dentes nunha caída, comeza para ela unha tortura na que deberá someterse a moitas intervencións e aparatos dentais de aspecto horroroso...
¡Sonríe! fala das dificultades de entrar na adolescencia e deixar atrás a infancia, tamén das relacións de pais, fillos e irmáns, da amizade...
Buscádeo na Esperela!!

31/05/17

NOVIDADES

Chegou á Esperela Damned Writers, un libro ilustrado de Ángel A. Svoboda que conta curiosidades sobre 23 autores destacados da literatura universal.


26/05/17

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Javier Grela Lonja

Detective Esqueleto trata sobre un esqueleto llamado Skuldggery y su aprendiz Valquiria. Resuelven un caso sobre unas criaturas sin rostro que roban almas para despertar a su dios, traer el fin del mundo y eliminar a la raza humana. Menos mal que Skuldgery le enseñó a Valquiria poderes mágicos para salvar a su raza, ¿lo conseguirán?
Este libro me encantó, me lo leería siempre porque es un libro con mucha emoción y suspense, pero sobre todo con misterio y fantasía. Lo recomendaría a niños de entre doce y dieciséis años, porque tiene palabras complicadas.

25/05/17

PEDRO CALDERÓN DE LA BARCA

O 25 de maio de 1681 morría en Madrid 
a última gran figura do Século de Ouro, 


"Yo sueño que estoy aquí
de estas prisiones cargado,
y soñé que en otro estado
más lisonjero me vi.
¿Qué es la vida? Un frenesí.
¿Qué es la vida? Una ilusión,
una sombra, una ficción,
y el mayor bien es pequeño:
que toda la vida es sueño,
y los sueños, sueños son".

19/05/17

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


 Frank Alexandre Leuwat López



Este libro está escrito por Luis Piedrahita, que habla de los fallos de varios productos en las instituciones, por ejemplo: un tamagochi (juguete electrónico) que pone “la electrificación solo se aplica los adultos”. Es un libro muy divertido y recomiendo leerlo. 

16/05/17

CARLOS CASARES NO MOSTEIRÓN

O equipo de biblioteca repartiu hoxe, a toda a comunidade educativa, o agasallo das Letras Galegas. Unha pequena homenaxe a Carlos Casares para axudar a que a súa figura se faga máis presente no noso instituto.







14/05/17

IMAXE DO DÍA


"Non é necesario dicir todo o que se pensa; 
o que si é necesario é pensar todo o que se di".