02/02/18

VISITA DO CEIP MOSTEIRÓN


Hoxe recibimos na Esperela a visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Mosteirón. Ademais da benvida e explicacións da directora e o orientador, contamos coa colaboración de dous alumnos de 1º e dúas alumnas de 4º que fixeron de cicerones polo instituto e responderon as súas preguntas.
Despois dun almorzo, a rapazada marchou contenta cuns agasallos.

01/02/18

OUTRA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS


Nesta sesión de Atrapasoños escoitamos e lemos uns textos de Sechu Sende pertencentes a Made in Galiza. A atención foi máxima, e as palabras de Belén, unha delicia!

29/01/18

UN FOTÓGRAFO NA ESPERELA


Hoxe visitounos na Esperela un fotógrafo de excepción, o noso amigo e ex alumno Jano Ennes. Jano quixo colaborar con nós facendo unhas fotos preciosas da nosa biblioteca.
Se queredes coñecer o seu traballo podedes pasarvos por instagram @archivo55


GRAZAS, JANO!!

25/01/18

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS

Nova sesión de Atrapasoños na Esperela, desta vez co relato "Sabela", pertencente a Retrincos, de Castelao.
Grazas pola participación, rapazada!!

LEMBRAMOS A VIRGINIA WOLF


Virginia Wolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882 e finada o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británica, autora de libros tan recoñecidos como Un cuarto de seu.

23/01/18

ADEUS A NICANOR PARRA


O poeta chileno Nicanor Parra faleceu hoxe en Santiago aos 103 anos. Foi creador do movemento chamado "antipoesía" e gañador de moitos premios literarios, entre eles o Premio Cervantes.

RECITAL POÉTICO ALDAO+LADO


Que sorte para o alumnado de 3º e 4º!! Hoxe tivemos na Esperela dúas mulleres poderosas: Lucía Aldao e María Lado. Xa estiveran en Mosteirón hai algúns anos, e o éxito fora tal que estabamos desexando que volvesen. A visita non defraudou: cantaron, contaron e recitaron, e todo de marabilla!

ALDAO+LADO on PhotoPeach

Grazas, amigas!!!

10/01/18

PREMIO NADAL 2018


Alejandro Palomas (Barcelona, 1967) gaña o Premio Nadal 2018 coa súa novela Un amor, que define así: "Unha familia, 24 horas antes dunha voda, todo ben; unha chamada, todo vai mal... e empeza a vida". 
O autor, que escribe tanto en catalán como en castelán e que en 2016 xa obtivera o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, confesa que busca atraer o lector polas emocións.

05/01/18

21/12/17

E OUTRA DE ATRAPASOÑOS...

Este xoves tivemos a última xuntanza dos Atrapasoños pequenos. O conto escollido foi O rei de Litonia, de Antonio Yáñez Casalpertencente ao libro Contos sen fronteiras, de varios autores.

Ao final tomamos uns "chupas" e sorteamos o libro entre as asistentes: tocoulle a Erea!