08/03/18
07/03/18
06/03/18
05/03/18
OBRADOIRO DE XORNALISMO
A Esperela organizou hoxe para o alumnado de 4º de ESO un Obradoiro de Xornalismo grazas a iniciativa do Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social "La Caixa".
A actividade ten por obxecto familiarizar os escolares co funcionamento dos medios de comunicación, co papel que desempeñan os profesionais do xornalismo e coa importancia de contrastar as informacións, para así fomentar no alumnado o espíritu crítico e a consciencia dos riscos e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Tivemos a sorte de contar como "profesor de xornalismo" con Pablo Díaz Bouza, graduado pola USC e profesional experimentado. Ademais, Pablo é un exalumno moi querido para o noso instituto e aproveita todas as oportunidades para amosarnos o seu cariño. Nós non podemos estar máis orgullosas: Grazas, Pablo!!
04/03/18
03/03/18
01/03/18
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Nesta nova xuntanza das Atrapasoños pequenas, o conto escollido foi "A fuxida do pintor Li", incluído no libro de Xosé Neira Vilas Contos vellos para rapaces novos.
28/02/18
26/02/18
DÍA DE ROSALÍA NA ESPERELA
Así conmemoramos na Esperela o Día de Rosalía: coñecendo un pouco máis á figura da autora e coa lectura dalgúns dos seus textos.
Grazas á implicación de Belén e do alumnado de 4º, que sempre facilitan as cousas coa súa actitude e disposición.
24/02/18
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Abride a fiestra
Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
22/02/18
ANTONIO FRAGUAS, "FORGES"
Hoxe espertamos coa triste nova do pasamento de Forges, o humorista gráfico que mellor retratou a historia de España nos últimos 50 anos.
Todos os que seguiamos as súas viñetas diarias imos botar de menos a súa mirada lúcida.
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Nesta nova sesión de Atrapasoños, o texto escollido pertence a 22 segundos, un libro de Eva Mejuto. No sorteo, con axuda de Siri, o libro foi para Paula!
21/02/18
20/02/18
19/02/18
18/02/18
14/02/18
11/02/18
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Na Esperela, o Día 11 de febreiro, tamén conmemoramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















