21/03/18
20/03/18
19/03/18
15/03/18
OUTRA DE ATRAPASOÑOS
Hoxe os Atrapasoños lemos Pan con chocolate , un relato de María Victoria Moreno, a autora á que este ano está dedicado o día das Letras Galegas.
14/03/18
CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2 NA ESPERELA
Despois do éxito do primeiro volume, xa temos o segundo na Esperela!
O libro reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo, dende Beyoncé, pasando por J. K. Rowling ata Madonna. De Rigoberta Menchú, pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, todas elas retratadas polas 50 ilustradoras más importantes do mundo.
13/03/18
12/03/18
PIONEIRAS NA ESPERELA
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
11/03/18
FEMINISMO ILUSTRADO NA ESPERELA

Feminismo ilustrado explica ata onde chega realmente o patriarcado con exemplos do día a día, aclara conceptos da loita feminista, desmonta falsas argumentacións en contra e axuda a detectar machismos de todos os tamaños. Todo isto acompañado de ilustracións explicativas e de moito moito humor.
10/03/18
SUPERSORDA NA ESPERELA
Nestas memorias en forma de novela gráfica, a autora e ilustradora Cece Bell narra como perdeu o oído cando era moi pequena e a súa experiencia co audífono, que ás veces lle permite escoitar cosas que preferiría non oír e que tamén a separa dos seus compañeiros.
08/03/18
07/03/18
06/03/18
05/03/18
OBRADOIRO DE XORNALISMO
A Esperela organizou hoxe para o alumnado de 4º de ESO un Obradoiro de Xornalismo grazas a iniciativa do Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social "La Caixa".
A actividade ten por obxecto familiarizar os escolares co funcionamento dos medios de comunicación, co papel que desempeñan os profesionais do xornalismo e coa importancia de contrastar as informacións, para así fomentar no alumnado o espíritu crítico e a consciencia dos riscos e as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Tivemos a sorte de contar como "profesor de xornalismo" con Pablo Díaz Bouza, graduado pola USC e profesional experimentado. Ademais, Pablo é un exalumno moi querido para o noso instituto e aproveita todas as oportunidades para amosarnos o seu cariño. Nós non podemos estar máis orgullosas: Grazas, Pablo!!
04/03/18
03/03/18
01/03/18
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Nesta nova xuntanza das Atrapasoños pequenas, o conto escollido foi "A fuxida do pintor Li", incluído no libro de Xosé Neira Vilas Contos vellos para rapaces novos.
28/02/18
26/02/18
DÍA DE ROSALÍA NA ESPERELA
Así conmemoramos na Esperela o Día de Rosalía: coñecendo un pouco máis á figura da autora e coa lectura dalgúns dos seus textos.
Grazas á implicación de Belén e do alumnado de 4º, que sempre facilitan as cousas coa súa actitude e disposición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















