10/04/18
09/04/18
06/04/18
ADEUS AO DIRECTOR ISAO TAKAHATA
O director de cine xaponés e cofundador do Studio Ghibli, Isao Takahata, faleceu aos 82 anos. Era creador, entre outras moitas, de series tan coñecidas como Heidi ou Marco.
Destacamos a súa película La tumba de las luciérnagas, un emotivo alegato antibelicista ambientado na Segunda Guerra Mundial e considerada unha das mellores películas de todos os tempos.
05/04/18
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS NA ESPERELA
O libro escollido para a sesión de Atrapasoños de hoxe foi Un bosque cheo de faias, de Francisco Castro, un texto sobre a violencia, o racismo e o poder da amizade.
No sorteo, o agasallo foi para Andrea, parabéns!
04/04/18
75 ANOS DE "O PRINCIPIÑO"
A obra de Antoine de Saint-Exupéry publicouse en abril de 1943 e converteuse nunha referencia mundial, grazas á súa reflexión sobre a vida e a natureza humana.
"Todas as persoas maiores foron ao principio nenos
(aínda que poucas delas o recordan)".
(aínda que poucas delas o recordan)".
02/04/18
01/04/18
28/03/18
76 ANOS DA MORTE DE MIGUEL HERNÁNDEZ
O 28 de marzo de 1942 o poeta Miguel Hernández morría de tuberculose na enfermaría do cárcere de Alacant.
27/03/18
22/03/18
POESÍA NO ATRAPASOÑOS
Ao ser onte o Día da Poesía, hoxe tivemos na Esperela un Atrapasoños moi especial. Xuntámonos os dous grupos para ler poemas de épocas e autor@s moi variad@s. Foi unha sesión estupenda!
Grazas, Belén, por facelo posible!!
21/03/18
20/03/18
19/03/18
15/03/18
OUTRA DE ATRAPASOÑOS
Hoxe os Atrapasoños lemos Pan con chocolate , un relato de María Victoria Moreno, a autora á que este ano está dedicado o día das Letras Galegas.
14/03/18
CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2 NA ESPERELA
Despois do éxito do primeiro volume, xa temos o segundo na Esperela!
O libro reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo, dende Beyoncé, pasando por J. K. Rowling ata Madonna. De Rigoberta Menchú, pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, todas elas retratadas polas 50 ilustradoras más importantes do mundo.
13/03/18
12/03/18
PIONEIRAS NA ESPERELA
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
11/03/18
FEMINISMO ILUSTRADO NA ESPERELA

Feminismo ilustrado explica ata onde chega realmente o patriarcado con exemplos do día a día, aclara conceptos da loita feminista, desmonta falsas argumentacións en contra e axuda a detectar machismos de todos os tamaños. Todo isto acompañado de ilustracións explicativas e de moito moito humor.
10/03/18
SUPERSORDA NA ESPERELA
Nestas memorias en forma de novela gráfica, a autora e ilustradora Cece Bell narra como perdeu o oído cando era moi pequena e a súa experiencia co audífono, que ás veces lle permite escoitar cosas que preferiría non oír e que tamén a separa dos seus compañeiros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















